CRTVG

Buscar

Catorce mestres da grella compiten por facer o mellor chuletón

Publicado o 24/10/2019 15:13

Arestora vívese en Santiago un emocionante duelo. Os participantes están armados con coitelos, brasas e... chuletóns. Compiten por un posto na final do campionato nacional de mestres da grella. E a cousa está que arde.

Coitelos afiados, brasas listas e chuletóns preparados para que comece a competición. Os 14 mellores grelleiros de Galicia combaten neste espectáculo, pero só un ten o segredo para pasar á final.

"O importante é que o chuletón sexa bo".

"Que a carne estea ben temperada é o segredo".

"Poñerlle un pouco de amor".

"Xa vedes como recende... é unha marabilla".

Todos usan o mesmo carbón, as mesmas grellas e a mesma materia prima, un costelar de vaca Simmental de once anos de idade e 40 días de maduración.

"O que se valora é a presentación, o punto de asado, o punto de sal e o sabor" .

Do veredicto encárgase este selecto xurado, que cata a cegas o carne acabada de facer.

"Polo momento ben, pero só catei un".

"En principio hai bo nivel, moi ben".

"A calidade da carne é inmellorable".

O gañador terá o pase para a gran final, que se celebrará no Salón Gourmets de Madrid a finais de marzo.








 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/10/2019