CRTVG

Buscar

13 mortos nun tiroteo nun club nocturno en México

Publicado o 09/03/2019 21:39

Polo menos 13 persoas morreron e sete quedaron feridas nun tiroteo nun club de striptease no centro de México. O ataque tivo lugar na cidade de Salamanca, cando un grupo de homes enmascarados entrou pola forza no local e comezou a disparar de maneira indiscriminada. Tras o ataque os asaltantes fuxiron nunha camioneta. Estanse a investigar as causas do suceso que podería estar relacionado cun axuste de contas entre bandas de narcotraficantes.
 

Noticias web

09/03/2019