CRTVG

Buscar

120 xinetes participan no 1ª Torneo Cidade de Viveiro

Publicado o 15/09/2019 16:23

Aínda non despexara de todo a brétema e xa ían chegando os primeiros xinetes e cabalos ás proximidades do recinto no que se celebrou esta mañá a final do campionato galego de andadura.
En todas a probas van participar uns douscentos cabalos.

É a primeira edición deste torneo equino, pero en Viveiro, segundo nos conta un dos organizadores, hai moita tradición.
 
Mil euros a repartir nos purosangues e mil euros a repartir nos árabes.
José Luis xa levou dúas medallas de ouro en andadura co seu Tatiño, o seu cómplice. Un trotador que lle naceu na casa hai cinco anos. Veu dende Castro de Rei para participar no torneo e lembra que o primeiro soldo que gañou con 16 anos gastouno en mercar un cabalo, a súa paixón.

Rebeca sente a mesma paixón. Ela herdouna do seu avó, que é tratante, e dos seus pais, que mesmo viñeron pola estrada dende Xove co carro guiado polo cabalo. É unha das tres xinetes femininas que participaron na proba de andadura desta mañá. Os outros case sesenta foron homes.

Con 27 anos dá xenio vela como domina a súa besta, Bali, unha trontadora francesa coa que espera volver competir na edición do ano que vén deste torneo de Viveiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/09/2019