CRTVG

Buscar

Era unha vez...o home

 

Esta é unha serie educativa ilustrada. Nela, os máis cativos poden descubrir a orixe do home e os grandes acontecementos históricos. As conquistas e conquistadores, os grandes logros, os países que influíron decisivamente no curso da historia, as revolucións sociais que fundamentaron o noso século, etc, van sendo expostos e explicados dunha forma clara, concisa, e, non obstante, amena e divertida, para fácil comprensión dos máis cativos. A acción céntrase nunha familia (veremos os mesmos personaxes en todos os capítulos), nas súas actuacións persoais ante os problemas do seu tempo.