O PEIXE VERMELLO

Compartir en Facebook
  • Autores: Taeeun Yoo
  • Editor: Factoria K de libros
  • Ano: 2011

Un día Ramiro acompaña a seu avó ao traballo nunha biblioteca moi antiga, e leva consigo o seu amigo, o peixe vermello. Ramiro queda abraiado con tanto libro, míraos todos, pero son tantos que moi canso queda adormecido. Cando esperta o peixe desapareceu, e entón Ramiro búscao por toda a biblioteca. Será posible que o seu amigo estea dentro dun libro?

Este libro gustarache porque fala de libros, empeza a falar deles antes de que comece a historia, porque as ilustracións empezan xa a contar desde que abres a tapa do libro, e remátaa tamén coa dobre páxina ilustrada da tapa final. Ademais da historia vanche gustar moitísimo as ilustracións, que son tamén da ilustradora coreana-americana, mesmo parece que esteas a ver unha película. Un libro ben bonito.

Propostas: É un libro para mirar ao tempo que lemos a historia, porque aínda que non saibamos ler podemos ver as  ilustracións e entender a historia que nos conta.

Recomendado por: Mercedes Cerdeiras

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí