A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS

Compartir en Facebook
  • Autora: González Costa, Teresa ; Ilustrador: Jacobo Fernández Serrano.
  • Editorial: Xerais.
  • Colección: Merlín.
  • Ano: 2010.
  • Palabras chave: Humor, amizade, aventuras, bicicletas – contos.
  • Público: de 12 anos en diante.

Serafina é a protagonista desta historia. Ela vive coa súa tía, dona Perfecta, e a súa maior ilusión é traballar nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que fai equilibrismo. Na súa vila viven tamén o vello Elías, amigo e gran apoio da rapaza, e a panda de Martiño o Bravo, quen tentará por tódolos medios impedir que Serafina consiga o seu soño.

A filla do ladrón de bicicletas foi gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil  na súa 25º ed.

O xurado resaltou entre outros moitos valores da obra “...uns personaxes ben trazados, coidadosamente perfilados e moi próximos a nós, aos que podemos recoñecer con rexouba e gozar dos seus actos. Destacan estas personaxes, ademais, pola súa autenticidade, a sinxeleza dos sentimentos que os guían, en contraposición coa dobre moral e a hipocrisía social.”

Recomendado por: Reme Vázquez