CRTVG

Buscar

Corte a corte

Melania Cruz, actriz na obra 'Resaca'

03/02/2017

A actriz Melania Cruz forma parte do elenco da última montaxe de Il Maquinario, “Resaca”, e é cofundadora da compañía. A obra constitúe unha viaxe emocional dun grupo de amigos que se xuntan para reconstruír a súa memoria xeracional e familiar a través da historia dunha persoa común a todos eles, que desapareceu, pero que marcou as súas vidas. Obxectos cotiáns empréganse como punto de partida dunha investigación que leva a estudiar cuestións como: cantas versións diferentes poden existir sobre un mesmo recordo? ou de que forma nos pode salvar a memoria da vertixe dun mundo en constante cambio? 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí