CRTVG

Buscar

Corte a corte

A historia das Marías de Compostela percorre Galicia con 'Voaxa e carmín'

24/02/2017

“Voaxa e Carmín”, que recolleu o Premio Abrente na Mostra Internacional de Teatro de Rivadavia, percorre Galicia. Con texto de Esther F. Carrodeguas, a obra recupera a voz de dúas figuras icónicas de Santiago, as dúas Marías, mulleres reais que deixaron a súa pegada no imaxinario da cidade. As actrices Mabel Rivera e Belén Constenla dan vida a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, dúas irmás que paseaban a diario polo casco antigo de Compostela, ataviadas, con roupas pintorescas e moita maquillaxe. Sen embargo, tras este aspecto chamativo e agochábase unha dura historia familiar. Esta peza teatral amosa esta rutina para dar paso a un día un tanto distinto, un no que Coralia anima a Maruxa e intentar cumprir os seus soños. 

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí