CRTVG

Buscar

Corte a corte

A Berberecheira estrea 'Goldi libre'

14/10/2016

'Goldi Libre' é o primeiro proxecto de A Berberecheira. Constitúe o autorretrato dun insubmiso nos cárceres da época de Felipe González como presidente do Goberno español. A obra versa sobre o movemento de insubmisión que levou centos de mozos a prisión por negarse a facer o servizo miliar obrigatorio. 

A Berberecheira, criadeiro teatral de Chévere, acaba de estrear esta obra en Teo, precisamente lugar de orixe do seu protagonista. César Goldi, veciño de Teo e actor, foi xulgado e condenado a máis de dous anos de prisión en 1993 por negarse a realizar o servizo militar e a prestación social substitutoria.

Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí