CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

TVG será a encargada este martes de fornecer imaxes do funeral de Manuel Fraga en Perbes ás televisións que o desexen

16/01/2012

As reducidas dimensións do templo e o expreso desexo da familia do ex-presidente da Xunta condicionan a cobertura do acto

TVG será a encargada este martes de fornecer imaxes do funeral de Manuel Fraga en Perbes ás televisións que o desexen

Santiago, 16.01.2012.-    A Televisión de Galicia será a encargada este martes de fornecer as imaxes do funeral por Manuel Fraga, que terá lugar na capela do cemiterio de Perbes ás 17.00h previo ao enterro, a todas as televisións que o desexen, na súa condición de cadea pública de referencia en Galicia. Isto débese ás reducidas dimensións físicas do templo, que condicionan a presenza dos medios de comunicación, e tendo en conta o expreso desexo da familia do ex-presidente da Xunta, que apenas permitirá a presenza da cámara de TVG uns poucos minutos antes do acto litúrxico.

O ofrecemento de imaxes da Televisión de Galicia mediante un pool de medios, como sucede neste caso, é unha práctica habitual en determinadas circunstancias en que a cobertura directa dun evento non é posible para todas as cadeas interesadas. Por este procedemento, a canle pública galega ofrecerá gratuitamente as imaxes a aquelas emisoras que llo soliciten e tamén a través da rede FORTA das televisións autonómicas.