CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Programa especial de 'Galicia por diante', o mércores en directo desde a Feira do Moble da Estrada

17/09/2019

De 9.30 h a 13.00 h, o espazo da Radio Galega falará con responsables do evento e cubrirá o acto oficial de inauguración

Programa especial de 'Galicia por diante', o mércores en directo desde a Feira do Moble da Estrada

Santiago, 17.09.2019.-   O programa da Radio Galega 'Galicia por diante' realízase este mércores en directo desde A Estrada, para compartir coa súa veciñanza a Feira do Moble de Galicia. Para realizar esta emisión especial desprazarase ata alí o presentador do espazo, Kiko Novoa, acompañado de Paco Lodeiro e Tonhito de Poi.

A partir das 9.30 h e ata as 13.00 h, o programa dará conta da actualidade desde o Recinto Feiral do concello pontevedrés. O equipo retransmitirá en directo para a audiencia o acto oficial de inauguración, e, por suposto, falará co público, con participantes da feira e con responsables deste evento que celebra a súa 33 edición.

Un ano máis, o programa da Radio Galega volve a esta feira nacida no ano 1986, que converte A Estrada no epicentro do sector mobiliario durante cinco días.