CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A Televisión de Galicia estrea este domingo o thriller policial 'A estiba'

16/09/2019

Con tres mulleres nos papeis protagonistas, consta de 15 episodios onde se tratará de resolver os misterios e crimes acontecidos no porto da vila de Ardora

Esta semana haberá un acto de preestrea coa proxección do primeiro episodio da serie, ao que asistirá o elenco e caras coñecidas da TVG

A Televisión de Galicia estrea este domingo o thriller policial 'A estiba'

Santiago, 16.09.2019.-    Tras varios meses de rodaxe, a TVG presenta 'A estiba', un trepidante thriller policial que será emitido pola Galega no prime time dos domingos, a partir do 22 de setembro. Esta nova ficción é a primeira dos medios públicos galegos que se inspira no traballo da Policía Nacional e foi gravada este verán en exteriores de Sada, Culleredo, Bergondo, A Coruña e Ferrol.

Antes da súa chegada á pantalla da primeira canle da TVG, este mércores haberá unha preestrea na Coruña, nun acto en que se proxectará o episodio inicial desta serie producida por Voz Audiovisual, creadora de produtos de éxito como 'Matalobos' ou 'Serramoura', e ao que asistirá o equipo da serie, actores, actrices e caras coñecidas da programación da Galega.

Un misterio é o punto de partida de 'A estiba', que comeza co atraque dun barco no porto da localidade ficticia de Ardora, onde toda a súa tripulación foi masacrada. Cando os axentes de policía van investigar o acontecido, descobren que no porto rexe unha soa lei, a do silencio. Ardora é unha vila próspera, onde se vive da actividade comercial e industrial do seu porto, pero que conta cos índices de criminalidade máis elevados do país.

A produción, de 15 episodios e dirixida por Miguel Conde, Juan Galiñanes e Giselle Llanio, ten como protagonistas tres actrices: Melania Cruz, Desiré Pillado e Antea Rodríguez, que se meten na pel das irmás Fortes, as fillas do comisario da vila. Forman parte dun elenco de cerca de 20 actores e actrices, entre os que destacan Luís Iglesia, Ana Santos, Adrián Castiñeiras e Fernando Dacosta.

ler máis

Os interioristas de 'Escapárate' afrontan hoxe o seu reto nun comercio de belas artes e nunha tenda de mascotas

16/09/2019

Tanto Cristina coma Pedro, os dous propietarios, consideran que xa é hora dunha boa remodelación e, para afrontar este cambio, chamaron o programa da TVG (22.10 h)

Os interioristas de 'Escapárate' afrontan hoxe o seu reto nun comercio de belas artes e nunha tenda de mascotas

Santiago, 16.09.2019.- Para convidar o espectador a saír de novo á rúa a mercar, a TVG ofrece este luns a segunda edición 'Escapárate', un programa que propón adentrarse nas tendas de toda a vida que loitan por saír a flote. Co obxectivo de axudar a recuperar o comercio local comezando polo que primeiro se ve, dous comercios, dirixidos por senllos profesionais, compiten cada semana para ver quen consegue preparar o mellor escaparate. Clara Copena e Daniel Pérez dirixirán cadanseu escaparate nun máximo de 12 horas.

ler máis

Comeza o novo curso na Universidade do Campo de 'Polo rego'

15/09/2019

O programa da TVG contará esta temporada con novos profesores e materias e coa participación activa dos espectadores, que poderán facer chegar as súas consultas e suxerir algunha lección

Comeza o novo curso na Universidade do Campo de 'Polo rego'

Santiago, 15.09.2019.-    Este luns comeza na TVG un novo curso da Universidade do Campo. Nesta nova temporada, o programa 'Polo rego' seguirá a contar cos docentes da primeira edición: Yago (mestre de horta na casa), Lola (mestra de cestería), Rosendo (mestre de agricultura sostible e xardíns), Patri (mestra de plantas silvestres), David (mestre de podas e pragas) e Carme (mestra de recuperar saberes).
    
Pero neste novo curso académico hai tamén incorporacións no profesorado e novas materias: Lucas é o novo profe, que falará da xestión dos nosos hábitos sostibles na horta e na alimentación; Toño será o mestre da madeira e Marta e Manuel serán os mestres organizadores das nosas hortas e xardíns.

Ademais, o programa da Televisión de Galicia quere incorporar os espectadores e espectadoras, que poderán facerlles as súas consultas aos profesores ou suxerirlles algunha lección.

Polo demais, 'Polo rego' continúa a ser un espazo de leccións sinxelas, breves e con fundamento, impartidas por mestres experimentados que saben moito, que se lles nota e que lles gusta compartilo, con paixón pola horta. A cita será de luns a venres ás 20.10 h.

ler máis

'Vaia troula' despide a temporada desde a romaría da Virxe da Barca, en Muxía

15/09/2019

O espazo da TVG (22.05 h.) tamén estará presenta nas Festas do Nazareno da Pobra do Caramiñal, nos Milagres de Amil, na Virxe do Cristal de Vilanova dos Infantes e nas Festas do Cristo do Barco de Valdeorras

'Vaia troula' despide a temporada desde a romaría da Virxe da Barca, en Muxía

Santiago, 15.09.2019.-   'Vai troula' remata este domingo unha temporada que estivo cargada de festas e alegría. Para pechala por todo o alto, Nieves Rodríguez estará na romaría da Virxe da Barca, en Muxía. Alí compartirá coa veciñanza as tradicións das pedras nos arredores do santuario, a devoción pola Virxe e a música dos grupos tradicionais e charangas.

Pola súa parte, a reporteira Adela Bértolo viaxará ata A Pobra do Caramiñal para participar na procesión das mortallas das Festas do Nazareno. Nesta xornada, milleiros de devotos son protagonistas dun dos actos máis emocionantes de todo o ano.
    
Raquel Pérez estará en Amil, no concello de Moraña, onde a Virxe dos Milagres vai ser a gran protagonista do día cunha multitudinaria mostra de paixón por parte dunha chea de fieis. E Belén Rivero achegarase a Vilanova dos Infantes, en Celanova, co obxectivo de pasalo en grande e descubrir todos os segredos da tradicional romaría da Virxe do Cristal.
    
No último programa da temporada, as cámaras de 'Vaia troula' tamén estarán presentes nas Festas do Cristo do Barco de Valdeorras, na Exaltación da Paella de Corón, en Vilanova de Arousa, e nas Festas de Folgoso, en Abegondo.
    
A Festa da Ameixa de Campelo, en Poio, a Xira Campestre de Pontedeume e as Festas de Cuntis completan o menú trouleiro dun programa en que tamén haberá algunha sorpresa. E, para que non falte de nada, a música do grupo Samba fará as delicias de todos os trouleiros.

ler máis

Os ritmos caribeños de Ariel de Cuba e a voz da galega Lucía Pérez, protagonistas nun novo 'Bamboleo'

14/09/2019

Ademais das súas seccións habituais, o programa (22.00 h.) tamén contará coa actuación da orquestra Trébol

Os ritmos caribeños de Ariel de Cuba e a voz da galega Lucía Pérez, protagonistas nun novo 'Bamboleo'

Santiago, 14.09.2019.-  ‘Bamboleo’, o programa de entretemento da TVG dos sábados á noite, recibirá hoxe a visita do compositor e cantautor cubano Ariel de Cuba, que se desempeña en xéneros urbanos coma o reggaeton, o mambo e o rap, aínda que na súa carreira tocou outros etilos coma o pop e a bachata.

O espazo presentado por Lucía Regueiro contará ademais coas actuacións da orquestra Trébol e da cantante galega Lucía Pérez, que celebra 15 anos no mundo da música cun novo disco. Tras o éxito de ‘Quitapenas’, chega o seu sétimo álbum, titulado ‘Quince soles’, gravado integramente en galego e que contou coas colaboracións de Vizcaíno, Chenoa, Rosa Cedrón, Tonhito de Poi e Sito Sedes.

No escenario tamén estarán Ángela Teijo, interpretando ‘Puedes contar conmigo’, de La Oreja de Van Gogh, e Pepe Ramas, co tema ‘El rey’, de Vicente Fernández, ambos os dous na sección ‘Agora ou Nunca’.

Coma sempre, ‘Bamboleo’ ofrecerá tamén as seccións ‘A ITV do amor’, onde un concursante terá que adiviñar cal é a verdadeira parella dunha persoa a partir de certas probas; ‘A Jrileira’, onde os participantes se enfrontarán ao karaoke cantando ‘Hay que venir al sur’, de Rafaella Carrá, e ‘Dirtidansi’, en que a parella composta por Manel e Bea bailará chachachá e jive.

ler máis

'Luar' comeza unha nova temporada, a 28ª, coas actuacións de Jon Secada e Ángela Carrasco

13/09/2019

Nesta etapa, que chega cargada de sorpresas, Gayoso estará acompañado pola presentadora Beatriz Serén e porase en marcha unha edición especial de ‘Recantos’, cos concursantes máis destacados dos anos anteriores (22.00 h.)

'Luar' comeza unha nova temporada, a 28ª, coas actuacións de Jon Secada e Ángela Carrasco

Santiago, 13.09.2019.-    ‘Luar’, un dos programas máis queridos pola audiencia galega, regresa esta noite á Televisión de Galicia cunha chea de novas propostas, sorpresas e un elenco de artistas de primeira liña. O espazo de entretemento máis lonxevo da historia da televisión en España comeza este venres 13 a súa 28ª temporada cunha edición dedicada ás supersticións.

Tras un breve e necesario descanso, Xosé Ramón Gayoso retoma o seu entusiasmo á fronte do experimentado equipo de ‘Luar’. Nesta ocasión, estará acompañado por unha nova copresentadora, que cada venres lle achegará frescura e espontaneidade ao programa: Beatriz Serén, unha cara xa coñecida polos espectadores da Televisión de Galicia durante este verán, en que estivo como reporteira no ‘Adiviña quen vén esta tarde’.

Patricia Fernández Santana, a presentadora que acompañou a Gayoso na temporada pasada non se despide da familia de ‘Luar’, xa que pasará a ocuparse do concurso ‘Recantos’, que hoxe comeza unha nova edición, a décima, bautizada como ‘Recantos de ouro’. Nela participarán concursantes destacados de anteriores edicións, moitos deles finalistas e mesmo gañadores. Como novidade na mecánica do concurso nesta temporada, ademais de interpretar un tema en solitario, os aspirantes cantarán outro a dúo, que tamén será valorado polo xurado.

A audiencia coñecerá os novos 21 aspirantes que loitarán por facerse co premio do programa. Hoxe abren a competición Maite, representante da comarca Noia - O Barbanza, e José Barrán, de Galicia centro.

Fiel ao seu compromiso coa música, en todas as súas vertentes e estilos, desde a popular á máis actual, predominando sempre os artistas que cantan en galego, ‘Luar’ tenlle preparado á audiencia no seu arranque de temporada todo un elenco de altura. Para comezar, o programa recibirá a visita co cantautor cubano-estadounidense Jon Secada, con máis de 20 anos de carreira e máis de 20 millóns de álbums vendidos. O artista interpretará ‘Otro día más sin verte’, o hit co que alcanzou o éxito mundial, e ‘Por si no vuelves’, tema que lanza precisamente hoxe e para o que contou coa colaboración da cantante Soraya Arnelas.

O espazo da TVG tamén ofrecerá a actuación da cantante dominicana Ángela Carrasco, unha das mellores voces da canción en español e unha das divas de América Latina durante os anos 70 e 80.

Polo escenario tamén pasará o grupo Los Jinetes del Trópico, que continúa apostando nas súas festivas cancións por unha mestizaxe músico-cultural entre ritmos caribeños e retratos da actual sociedade galega. Esta noite presentarán o seu último tema: ‘Namoreime dunha pulpeira’.

O cartel musical desta noite complétase coas actuacións do polifacético Alberto Cunha, da orquestra Gran Parada, do Coro Cántigas e Frores, do grupo Os Escaravellos, da Asociación Folclórica Penaguda de Dena, da agrupación Airiños do Mar de Teis e da Asociación Cultural Rosalía de Castro.

Ademais da presenza destes artistas, dedicarase un espazo a lembrar a Camilo Sesto, en especial o seu paso por ‘Luar’.

ler máis

O futbolista Iago Aspas e a orquestra El Combo Dominicano abren unha frenética temporada de 'Land Rober Tunai Show'

12/09/2019

Un dos momentos máis agardados desta primeira entrega (22.15 h.) será a volta de Eva Iglesias tras a súa maternidade

O futbolista Iago Aspas e a orquestra El Combo Dominicano abren unha frenética temporada de 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 12.09.2019.-   Despois das súas merecidas vacacións de verán, 'Land Rober Tunai Show' arranca nova temporada con moito swing. O capitán do Celta de Vigo, Iago Aspas, será o convidado protagonista nunha noite en que os espectadores o verán en acción xunto coa orquestra que encheu canto campo de festa hai durante todo o verán: El Combo Dominicano.

O Príncipe das Bateas enfrontarase ao reto de pintar a mona no 'Land Rober' con variedade de toleadas e caras máis que coñecidas! Por se fora pouco, o programa contará hoxe coa participación do imitador Raúl Pérez. Que sairá desta xuntanza?

Pero, sen dúbida, un dos momentos máis agardados desta primeira entrega será a volta de Eva Iglesias tras a súa maternidade. O equipo quere darlle unha benvida ben emotiva que deixará máis dun coa boca aberta. Ademais, en Casa Dosinda hai novidades e novos clientes dos arrabaldes. Canarios, dominicanos... non se sabe moi ben.

Ao show desta noite unirase o actor e humorista David Perdomo e o espazo da TVG tamén contará coa actuación da banda viguesa Broken Peach, que lle porá música e voz á cabeceira do programa.

ler máis

A TVG comeza o curso recuperando os seus programas de máis éxito: 'Malo será!', 'Land Rober Tunai Show' e 'Luar'

11/09/2019

Novas temporadas do show itinerante que achega a televisión aos teatros do país, do buque insignia do humor en Galicia e do espazo de entretemento máis lonxevo da historia da televisión en España

A TVG comeza o curso recuperando os seus programas de máis éxito: 'Malo será!', 'Land Rober Tunai Show' e 'Luar'

Santiago, 11.09.2019.-    O verán desconta xa as súas follas no calendario e, antes de que remate, a TVG recupera esta semana os seus programas de máis éxito das últimas temporadas: os shows de humor 'Malo será!' e 'Land Rober Tunai Show' e o musical 'Luar', o espazo de entretemento máis lonxevo da historia da televisión en España, que o venres comeza a súa 28ª temporada.

'Malo será!', o programa itinerante que achega a televisión aos teatros de todo o país, estrea esta noite nova temporada no Auditorio Municipal Ilduara, en Celanova. Serán dúas horas de humor cos mellores cómicos da escena galega como protagonistas, aos que se unirá como convidado especial o inimitable Manuel Manquiña.

Marcos Pereiro, Federico Pérez, Lucía Veiga, Paula Pier, Marita Martínez, Oswaldo Digón e Susana Sampedro compoñen o elenco de actores e actrices que, liderados por Marta Doviro, volverán levar cada mércores o mellor humor desde as táboas ás pantallas da TVG.

Mañá recuperará o seu lugar no prime time o buque insignia do humor e o entretemento en Galicia: o programa 'Land Rober Tunai Show', que volverá ofrecer cada xoves dúas horas en directo de espectáculo. Unha temporada máis, Roberto Vilar seguirá a facer das súas acompañado por algunhas das caras más coñecidas da TVG como colaboradores/as e convidados/as.

O capitán do Celta de Vigo, Iago Aspas, e a orquestra El Combo Dominicano, fenómeno de masas, abren unha temporada frenética. Pero, sen dúbida, un dos momentos máis agardados desta primeira entrega é a volta de Eva Iglesias tras a súa maternidade. O equipo quere darlle unha benvida ben emotiva que deixará máis dun coa boca aberta.

O venres 13, 'Luar' comeza temporada cun programa dedicado ás supersticións. Tras un breve e necesario descanso, Xosé Ramón Gayoso retoma o seu entusiasmo á fronte do experimentado equipo de 'Luar'. Nesta ocasión, estará acompañado por unha nova copresentadora, que cada venres lle achegará frescura e espontaneidade ao programa: Beatriz Serén, unha cara xa coñecida polos espectadores da Televisión de Galicia durante este verán, en que estivo como reporteira no 'Adiviña quen vén esta tarde'.

O concurso 'Recantos' comezará a súa décima edición, bautizada como 'Recantos de ouro', en que participarán concursantes destacados de anteriores edicións, moitos deles finalistas e mesmo gañadores.

ler máis

'Malo será!' estrea esta noite nova temporada en Celanova, con Manuel Manquiña como convidado especial

11/09/2019

Presentado por Marta Doviro, o programa (22.25 h.) seguirá levando o mellor humor desde os escenarios teatrais ás pantallas da TVG

'Malo será!' estrea esta noite nova temporada en Celanova, con Manuel Manquiña como convidado especial

Santiago, 11.09.2019.-    'Malo será!', o programa itinerante que achega a televisión aos teatros de todo o país, estrea esta noite nova temporada no Auditorio Municipal Ilduara, en Celanova. Serán dúas horas de humor cos mellores cómicos da escena galega como protagonistas, aos que se unirá como convidado especial o inimitable Manuel Manquiña.

ler máis

O programa 'Larpeiros' regresa esta noite á programación cantando as bondades do chocolate

10/09/2019

Degustarase nun guiso de rabo de vaca e nunha deliciosa torta Sacher (22.00 h.)

O programa 'Larpeiros' regresa esta noite á programación cantando as bondades do chocolate

Santiago, 10.09.2019.-    Os ‘Larpeiros’ comezan hoxe novo curso con propostas moi doces. Entre os seus caprichos, o chocolate sempre ten un lugar destacado. Non se produce en Galicia, pero, ao igual ca o arroz, o bacallau e o azucre, é un deses produtos que chegan de lonxe e sen os cales a vida sería máis triste.

Falar de chocolate daralle a Benigno Campos unha grande idea: cociñar rabo de vaca con viño tinto e chocolate, un guiso dos de sempre, feito con calma, pero cun toque moi especial.

Pola súa parte, Adrián, o ‘larpeiro’ máis viaxeiro, visitará unha fábrica de chocolates en Barcelos, en Portugal, que ademais conta cun museo. Con Paula coñecerá a historia do chocolate e da fábrica máis antiga do país e preparará uns bombóns deliciosos. Non marchará do país veciño sen cociñar e probar unha tapa de frango con chocolate.

Para rematar a festa, as reposteiras Merchi e Leni farán unha das tortas máis famosas do mundo: a torta Sacher, que, como non, ofrece chocolate, chocolate e máis chocolate.

ler máis