CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Nova fin de semana deportiva na tvG2 e na web da CRTVG

20/01/2012
Nova fin de semana deportiva na tvG2 e na web da CRTVG

Santiago, 20.01.2012.- Nova fin de semana deportiva na tvG2 e na web da CRTVG. Fútbol, balonmán, cross e baloncesto centrarán a ollada das transmisións en directo que se ofrecerán ao longo do sábado e domingo.

A partir das 18.00h do sábado, unha xornada máis da Liga de fútbol de 2ªA co partido, Guadalaxara-Valladolid, un encontro en directo que contará coa narración de Sergio Delpont e os comentarios de Manuel Canabal.

 De seguido, ás 20.15h, balonmán, partido correspondente á división de honra de Prata entre Teucro-Frigoríficos Morrazo. Este mesmo encontro tamén será ofrecido pola web da CRTVG, no enderezo www.crtvg.es/deportes. Amais ao longo desta emisión, a segunda canle da TVG conectará co partido de hóckey a patíns Coinasa Liceo-Genève, que se poderá ver íntegro na web da CRTVG, ás 18.00h.

 A xornada deportiva do domingo comezará con baloncesto da ACB entre Murcia-Lagun Aro. E, pola tarde, o espazo “A Liga das Cidades”, que presenta Óscar Benito, ofrecerá todo canto aconteza nas xornadas de fútbol de 2ª B e 3ª división. Hoxe, o encontro Montañeiros-Albacete e conexións co Ourense-Somozas, estes dous encontros tamén se poderán seguir en vivo pola web da CRTVG.

Cross
 As mellores probas de cross que se disputan no calendario nacional tamén se poden ver na tvG2 e na web da CRTVG. Este domingo, en directo (12.30h), na web da CRTVG ofrecerase a proba masculina de Elgóibar. Os espectadores que o desexen poderán ver esta mesma proba en diferido pola tvG2 despois do partido de baloncesto da Liga ACB, ás 14.30h. E, a partir das 21.00h, achegaranse as carreiras feminina e masculina.