CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

No 'Larpeiros Social Club' madrugan hoxe para coñecer persoas que comezan a traballar antes de que saia o sol

21/01/2020

O panadeiro Guillermo Moscoso estará no programa preparando uns boliños preñados e contando os seus trucos para non entrar tan cedo no obradoiro

No 'Larpeiros Social Club' madrugan hoxe para coñecer persoas que comezan a traballar antes de que saia o sol

Santiago, 21.01.2020.-  Os primeiros en chegar hoxe ao ‘Larpeiros Social Club’ (22.25 h) atoparán unha nota de Adrián: seica marchou ata a lonxa da Coruña moi cediño, coa intención de volver cun peixe fresquísimo para cociñar ao forno. Os larpeiros festexarán a súa iniciativa e lembrarán a todos os que polo seu traballo madrugan moito mais do debido (ou do que apetece).

O certo é que unha chea de profesións relacionadas co agro, o mar e os nosos produtos requiren un esforzo extra para deixar a cama antes de que saia o sol. E diso sabe moito Guillermo Moscoso, panadeiro de profesión, que, logo dalgúns anos, xa ten algún truco para non entrar tan cedo no seu obradoiro.

Con el cociñarán no Club uns boliños preñados, con recheos variados. E tamén con Merchi, que será a que reciba esta semana os convidados mentres serve e prepara os almorzos no seu hoteliño de Cangas. Leni será a encargada de axudala en todos os labores e de facer unhas madalenas para traer ao club unha lambetada deliciosa.