CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Manuel Manquiña únese hoxe ao elenco actoral de 'Malo será!' nunha nova entrega desde o Auditorio de Ourense

19/08/2019

Os espectadores asistirán a un número de ventriloquía, á sesión dunha adiviña ou mesmo a un programa de televisión para atopar o amor, entre outros sketches

Manuel Manquiña únese hoxe ao elenco actoral de 'Malo será!' nunha nova entrega desde o Auditorio de Ourense

Santiago, 19.08.2019.-  O itinerante 'Malo será!' (22.00 h.), programa da Galega que achega a televisión aos teatros do noso país, chega ata Ourense coa súa delirante proposta de humor, protagonizada polos mellores cómicos da escena galega. Ao elenco habitual de artistas, que lidera cada mércores Marta Doviro, uniráselle esta noite como convidado especial o actor Manuel Manquiña.

Nesta ocasión, desde o auditorio municipal de Ourense e baixo o título Aí vén o maio, asistirase a un número de ventriloquía, á sesión dunha adiviña ou mesmo a un programa de televisión para atopar o amor. Os espectadores serán testemuña ademais da investigación dun crime nun portal e ata dun divorcio… con final feliz, entre outros sketches humorísticos.

Amais de Manuel Manquiña, poderase contemplar sobre o escenario as actuacións de Marcos Pereiro, Federico Pérez, Lucía Veiga, Cristina Andrade, Carmen Méndez, Santi Romay e Marita Martínez.