CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Comeza na TVG e na Radio Galega a Semana coa Infancia en colaboración con Unicef

09/12/2012

Os medios públicos inclúen unha programación específica de sensibilización contra a desnutrición infantil

A personaxe de animación infantil Pocoyó súmase a esta iniciativa aprendéndolles aos máis pequenos da casa os dereitos da infancia

Rostros coñecidos pola audiencia actuarán de “mensaxeiros” realizando chamamentos especiais para que os espectadores se unan á campañ

Comeza na TVG e na Radio Galega a Semana coa Infancia en colaboración con Unicef

Santiago, 09.12.2012.- Este luns, 10 de decembro, comeza na Televisión de Galicia e na Radio Galega, en colaboración con Unicef, a Semana coa Infancia. Unha campaña en que os medios públicos galegos incluirán, ao longo da semana, unha programación específica de sensibilización contra a desnutrición infantil.

Cumprindo o obxectivo de servizo público e vocación de responsabilidade social, o primeiro paso desta campaña nos medios públicos galegos será a firma de renovación do convenio de colaboración con Unicef por parte do director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo e o presidente Unicef Galicia, Manuel Sández. Deseguido, o director de Unicef-Galicia realizará unha entrevista no espazo informativo Bos Días”.

Varios programas da TVG, tanto informativos como de entretemento e música, súmanse á campaña de Unicef así como tamén outros da Radio Galega, como o programa “Convivir en Igualdade”. Todos eles ofreceranlles ao espectador contidos específicos, entrevistas, faladoiros e reportaxes co fin de facer un chamamento de solidariedade e concienciar os galegos e galegas cos problemas de alimentación no mundo.

Por outro lado, o espazo infantil “Xabarín Club” incluirá nas súas emisións diarias microespazos en que o personaxe de animación infantil Pocoyó lles aprenderá aos máis pequenos da casa os dereitos da infancia.

Por último, presentadores e rostros coñecidos da Televisión de Galicia actuarán como “mensaxeiros” da campaña “Cumpredías”. Ao longo da semana, todos eles realizarán un chamamento especial para que a audiencia galega se unha a esta campaña a través de mensaxes SMS coa palabra “Unicef” ao 28028. O obxectivo da campaña é que co que custa cada unha das mensaxes pódeselle dar un día de tratamento a un neno con desnutrición.

Galería de imaxes