CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

'Latexos da cidade' propón mercar na Praza de Abastos ourensá e gozar dos amigos durante un partido do Celta

21/08/2019

Amais, dará a coñecer na Coruña unha das farmacias máis modernas de Galicia e o espazo Arroelo, en Pontevedra

'Latexos da cidade' propón mercar na Praza de Abastos ourensá e gozar dos amigos durante un partido do Celta

Santiago, 21.08.2019.-  Ben cedo, ‘Latexos da Cidade’ (21.55 h.) inicia a súa ruta na cidade de Ourense, preparado para encher o cesto nun lugar con moito movemento, a Praza de Abastos. A media mañá moverase cara á Coruña, onde coñecerá unha das farmacias máis grandes e modernas de Galicia.

Avanza a xornada e ‘Latexos da Cidade’ pasará a tarde na fermosa Pontevedra, no espazo Arroelo, un coworking en que máis que compañeiros, son familia. Finalmente o espazo irá a Vigo, para tomar algo e gozar dos amigos durante un partido do Celta.