CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

'Land Rober Tunai Show' recibe este xoves a visita de Carlos Blanco, que botará luz sobre a polémica do momento

23/05/2019

David Perdomo chegará cunha encomenda moi especial: amosar o verdadeiro final da serie 'Xogo de tronos'
 

'Land Rober Tunai Show' recibe este xoves a visita de Carlos Blanco, que botará luz sobre a polémica do momento

Santiago, 23.05.2019.-  O programa 'Land Rober Tunai Show' (22.30 h.) recibe este xoves o actor e humorista Carlos Blanco, que vén preparado para botar luz sobre a polémica do momento. Serán as eleccións? Será Huawei? Non! É o polbo galego! Logrará dar coa solución á veda do polbo por excelencia?

Quen non quere perder ese momento é David Perdomo, que ten unha encomenda moi especial porque con el chega o verdadeiro final da serie do momento, 'Xogo de tronos'. Que pasa cando Jon Snow ten que fichar as horas de traballo?

A cousa non remata aquí, porque a audiencia coñecerá os obxectos máis estraños dos convidados desta noite. Que gardarán David Perdomo e Carlos Blanco? Os espectadores van quedar estupefactos. Por se isto fose pouco, unirase ao show o reporteiro e presentador do 'Aquí Galicia', Juan Fuentes.