CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Flamenco e pop este venres no 'Luar', que recibirá o bailador Rafael Amargo e o cantante David DeMaría

24/05/2019

Pasarán tamén polo escenario Rafael Basurto, Javi Mota e a Escola de Música e baile tradicional de Santa Comba, entre outros (22.00 h.)

Flamenco e pop este venres no 'Luar', que recibirá o bailador Rafael Amargo e o cantante David DeMaría

Santiago, 24.05.2019.-    Este venres subirán ao escenario de ‘Luar’ artistas como David DeMaría, que leva dez álbums editados e máis de un milleiro de copias vendidas, e o bailarín e coreógrafo Rafael Amargo, coñecido polos seus bailes inspirados na esencia do flamenco.

O bailador irá acompañado do cantante andaluz Javi Mota, con quen interpretará ‘Iguales’, un tema que quere concienciar contra o acoso escolar. Tamén estará no programa Rafael Basurto, a voz de Los Panchos, último líder do famoso trío en activo ata que hai uns anos se reagrupara a formación.

O cartel musical do espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e Patricia Fernández complétase coas actuacións da Escola de Música e Baile Tradicional de Santa Comba, da Banda de Gaitas Malante de Malpica, da orquesta Costa Dorada e do grupo de serenatas portugués Sinfonias ao Luar.

No concurso ‘Recantos’ será o momento de presenciar o duelo entre Esteban Fuentes, representante de Compostela, e María do Mar, de Pontevedra. No tempo de ‘Vai de Baile’, actuarán as parellas Ventos de Graña e Beiladores de Lago.