CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Deportes

A tvG2, testemuña hoxe da final do I Open Internacional Cidade da Coruña de tenis en cadeira de rodas

19/06/2011

A competición, que ten como escenario as pistas da Escola Marineda, en Cambre, conta co galego Martín Varela como principal favorito

A tvG2, testemuña hoxe da final do I Open Internacional Cidade da Coruña de tenis en cadeira de rodas

Santiago, 19.6.2011.- A segunda canle da TVG, tvG2, ofrecerá hoxe (16.30h) desde as pistas da Escola Marineda, en Cambre, a final do I Open Internacional Cidade da Coruña de tenis en cadeira de rodas, unha competición que arrancou o día 16 amosando un alto nivel competitivo entre os países participantes e que ten como principal favorito a Martín Varela, subcampión de España.

ler máis

A Liga San Miguel de Traíñas volve ser protagonista nas transmisións deportivas deste verán na tvG2

18/06/2011

Desde este domingo, 19 de xuño, e ata mediados de setembro, a segunda canle da TVG emitirá en directo as 20 regatas da 9ª edición da Liga San Miguel, na que compite a tripulación galega da SD Tirán

A partir de xullo, a tvG2 tamén ofrecerá a competición feminina, a Liga Euskotren

Santiago, 18.06.2011.- Unha nova temporada da Liga San Miguel de Traíñas ocupará, desde este domingo, 19 de xuño, e ata o mes de setembro, un lugar de seu nos eventos deportivos de verán que transmitirá a segunda canle da Televisión de Galicia, a tvG2.

ler máis

Os programas "A Liga das Cidades", da TVG, e "Galicia en Goles", da Radio Galega, galardoados pola Asociación de Clubes de Fútbol

18/06/2011

 

Os Premios "Galicia en Goles" recoñeceron os mellores equipos e deportistas da temporada 2010-2011

 

Os programas "A Liga das Cidades", da TVG, e "Galicia en Goles", da Radio Galega, galardoados pola Asociación de Clubes de Fútbol

 

ler máis

O asalto final do CD Lugo para o ascenso á 2ªA, en directo, este domingo na tvG2

17/06/2011
[traduccion]
O asalto final do CD Lugo para o ascenso á 2ªA, en directo, este domingo na tvG2

Santiago, 18 xuño 2011.- O único equipo galego de fútbol que continúa na loita polo ascenso, o CD Lugo será o gran protagonista este domingo na tvG2 ao transmitir en directo, a partir das 20.00 horas, o partido de ida da última eliminatoria de ascenso á 2ªA fronte o Alcoiano.

O asalto final para o posible ascenso do CD Lugo á categoría de prata do fútbol español comeza esta fin de semana no céspede alacantino de El Collao. O conxunto roxibranco que adestra Quiqué Setién afronta a última eliminatoria con moito ánimo, logo de eliminar, a fin de semana pasada, o Alavés, un equipo con historia na primeira división e na Copa da Uefa.

Por outra parte, o rival do equipo galego o CD Alcoiano chega a esta final cunha traxectoria tamén brillante, deixando atrás a equipos como o Castilla e o Éibar. Ademais o equipo de Alcoi ten ao seu favor neste primeiro partido un campo considerado como difícil polas dimensións reducidas que ten.

ler máis

Rácing de Ferrol e C.D. Lugo xogan esta fin de semana, en directo, os seus ascensos na tvG2 e na web da CRTVG

11/06/2011
[traduccion]

Santiago, 11.06.2011.-    Os equipos galegos están rematando as súas temporadas deportivas e a segunda canle da TVG, a tvG2, e a web da CRTVG continúan ofrecéndolles aos espectadores galegos e afeccionados a posibilidade de seguir de preto as competicións dos seus equipos preferidos.

ler máis

Este domingo as fases de ascenso de fútbol serán as protagonistas na tvG2 e na nosa web

04/06/2011

O Celta xoga o sábado na segunda canle o seu último partido da temporada regular

Santiago, 04.06.2011.- A tvG2 e a web da CRTVG ofrecen outra vez unha fin de semana de eliminatorias deportivas. Este sábado, ás 20.00 horas, o Celta de Vigo xogará, en directo na segunda canle da Televisión de Galicia, o seu último partido da temporada regular fronte ao Cartaxena.

ler máis

Continúan as fases de ascenso, na tvG2 e na web da CRTVG

28/05/2011
[traduccion]

Santiago, 28.05.2011.- As competicións deportivas están rematando as súas temporadas e, desde hai semanas, tanto a segunda canle da TVG, a tvG2, coma a web da CRTVG están ofrecendo as fases eliminatorias dos equipos galegos das diferentes disciplinas deportivas.

ler máis