CRTVG Viva
A TVG acadou entre febreiro e marzo unha cota de pantalla do 15,8%, segundo a primeira onda do ano do EGM
O Estudio General de Medios adxudícalle á Galega un incremento do 26,4% con respecto ao período anterior e do 17% en relación á mesma época do ano pasado
Tanto no conxunto do día coma no prime time, destacan especialmente as audiencias da fin de semana

Santiago, 11.04.2012.- Segundo os datos do Estudio General de Medios (EGM), a Televisión de Galicia incrementou a súa audiencia na primeira onda do ano (febreiro-marzo de 2012) en 3,3 puntos e nun 26,4% con respecto á última onda de 2011 (outubro-novembro). O último informe do EGM adxudícalle á canle autonómica galega unha cota de pantalla do 15,8% de luns a domingo, un dato que supón tamén un crecemento en relación ao mesmo período do ano anterior, neste caso de 2,3 puntos, un 17% máis.
A Radio Galega gaña 62.000 oíntes con respecto a hai un ano
O EGM adxudícalle 169.000 seguidores de luns a venres na primeira onda de 2012, o que supón un incremento de case o 58% en relación co mesmo período de 2011
A RG é líder entre as emisoras na media de tempo que a audiencia permanece no seu dial, con 143 minutos diarios no conxunto da semana
Con 19.000 oíntes, Radio Galega Música cuadriplicou a súa audiencia en relación á primeira

Santiago, 11.04.2012.- A Radio Galega incrementou a súa audiencia na primeira onda do ano do Estudio General de Medios (EGM) tanto no período comprendido de luns a venres coma no conxunto da semana. Este incremento produciuse tanto en relación á onda inmediatamente anterior coma ao mesmo período do ano pasado e tamén en relación á audiencia correspondente ao último ano acumulado. Así, o crecemento máis substancial produciuse con respecto aos datos de hai xustamente un ano, xa que a RG, con 169.000 oíntes de luns a venres, gañou 62.000 novos seguidores en relación á primeira onda de 2011, o que supón un 57,9% máis.
“A Solaina” acada a súa maior cota de emisión cun programa monográfico sobre Manuel Fraga
Ademais de establecer conexións en directo con Perbes, onde tiña lugar o soterramento do ex presidente da Xunta, no estudio contouse coas achegas sobre a súa persoa de amigos e colaboradores
Este martes, a Galega liderou outra vez a faixa do 'prime time', cunha cota de 14,6%

Santiago, 17.01.2012.- “A Solaina” acadou este martes a súa maior cota de emisión ata o momento cun programa especial e monográfico sobre Manuel Fraga. A revista da tarde da Galega alterou os seus contidos habituais para seguir de preto a actualidade, que centrou a súa ollada no municipio coruñés de Perbes, onde tiña lugar o soterramento do ex presidente da Xunta. No estudio de gravación, tamén amigos e colaboradores do político vilalbés achegaron máis facetas sobre a súa persoa. Segundo se deduce dos datos facilitados por Kantar Media, o programa, que onte adiantou ás 17.00h a súa hora de inicio, rexistrou unha cota de pantalla de 14,2%.
TVG lidera as audiencias da fin de semana, tanto no ámbito galego coma entre as canles autonómicas
Foi a televisión máis vista en Galicia cunha cota de pantalla de 12,7% no conxunto do día e de 14,9% no 'prime time'

Santiago, 16.01.2012.- TVG liderou as audiencias desta fin de semana pasada, tanto no cómputo do ámbito galego coma das canles autonómicas. O sábado e o domingo, a Galega foi a máis vista de entre todas as televisións que se poden ver en Galicia ao acadar unha cota de pantalla de 12,7%. Segundo se desprende dos datos facilitados por Kantar Media, a canle pública galega situouse tamén nun primeiro posto no 'prime time' ou faixa de maior consumo televisivo, cun 'share' de 14,9%.
"Cada Día Un Libro" sitúa nun 27% a súa cota de pantalla en 2011
Este microespazo é un altofalante das obras literarias e dos creadores galegos

Santiago, 15.01.2012.- “Cada Día Un Libro” está a situar a súa audiencia no que vai de ano nun 27% de cota de pantalla. Nuns tempos de forte competencia e diversificación de canles, cómpre salientar este excelente dato xa que reflicte amais o apoio e aposta tanto da canle pública galega coma dos espectadores pola cultura.
Boa acollida de audiencia de "Tourilandia", o novo espazo de humor de Xosé A. Touriñán
Na súa estrea, o programa superou por momentos a competencia do partido do Barcelona e acadou unha audiencia media do 13,2%
David Vidal, convidado estelar do espazo, acadou o nível de “trending topic” (tema de moda) na rede social Twitter

Santiago, 13.01.2012.- O público galego deulle este xoves unha boa benvida a “Tourilandia”, o novo show da noite dos xoves na Televisión de Galicia, ofrecéndolle unha cota de pantalla do 13,2% ao longo das súas máis de dúas horas de humor e espectáculo, segundo se desprende dos datos de audimetría de Kantar Media. O programa conducido por Xosé A. Touriñán estreouse cunha audiencia media de 144.000 espectadores na comunidade autónoma, sendo así un dos programas máis seguidos da noite.
A páxina web da CRTVG incrementou en 2011 o seu número de visitas en case un 70% con respecto ao ano anterior
Nun período marcado pola súa renovación estética e conceptual, o espazo www.crtvg.es rexistrou máis de 7.500.000 contactos
Os usuarios dispoñen dunha aplicación para seguir en dispositivos móbiles toda a actualidade informativa da TVG e da Radio Galega, que desde finais de novembro foi descargado 1.300 veces para o sistema iOS e 1.100 para Android
Santiago, 10.01.2012.- A páxina web da CRTVG rexistrou en 2011 un total de 7.534.812 visitas, o que supón un incremento do 69,4% con respecto ao ano anterior, cando se rexistraron 5.230.853 visitas. Este importante crecemento reflicte o esforzo da Compañía de Radio-Televisión de Galicia por situar os medios públicos galegos nun lugar punteiro no espazo web, unha aposta que cristalizou en xullo do ano pasado coa posta en marcha dunha nova páxina, cuxa renovación estética e conceptual ten como obxectivo apoiar os valores que representa o ente público no desenvolvemento da lingua e da cultura galegas.
As series "Escoba!" e "Libro de Familia" fixeron a TVG líder de audiencia no prime time do domingo
Con cotas de pantalla do 14,8% e do 16% respectivamente, ambas as dúas situáronse por riba dos 170.000 espectadores de audiencia media
A Galega conseguiu uns excelentes resultados de audiencia durante toda a fin de semana e foi a autonómica máis vista o venres, o sábado e o domingo
Santiago, 09.01.2012.- A aposta da TVG pola ficción propia galega e polo talento do país segue a verse recompensada co favor da audiencia, que onte fixo líder a Televisión de Galicia no prime time, cunha cota de pantalla do 14,6% -empatada con TVE1-. Nesta faixa de máximo consumo televisivo, a canle autonómica ofreceu este domingo novos episodios das series “Escoba!”, a nova aposta polo humor galego; e “Libro de Familia”, todo un clásico na grella que leva máis dun lustro seducindo o público. Ambas as dúas emisións situáronse por riba dos 170.000 espectadores de audiencia media.
A TVG foi en 2011 a única canle xeralista en Galicia que non sufriu un retroceso na súa cota de pantalla
A Galega mantivo o 12,3% de share do ano anterior, mentres que o resto dos grandes operadores tenderon a unha clara perda de participación no mercado televisivo
No prime time, en que rexistrou un 13,8% de cota acumulada, a TVG foi a única televisión na comunidade que logrou incrementar os seus resultados con respecto a 2010
A canle pública galega acada en Noitevella un 17,2% no horario de máximo consumo televisivo

Santiago, 02.01.2012.- A Televisión de Galicia foi en 2011 a única canle xeralista que non perdeu audiencia, ao repetir o 12,3% de cota acumulada de pantalla que acadara en 2010. Pola contra, as restantes canles que emiten en Galicia, excluíndo os novos operadores de TDT, tenderon a unha clara perda de participación no mercado da televisión. Así, La 1 perdeu 1,5 puntos de cota (o 8,7% da cota de 2010), Antena 3 1,1 puntos (-10%), La Sexta 1 punto (-14,5%), Cuatro 0,9 puntos (-13,8%) e Tele 5 0,5 puntos (-3,6%).