CRTVG Viva
A TVG foi a canle autonómica máis vista esta fin de semana, tanto no conxunto do día coma no prime time
A televisión pública galega tamén liderou as audiencias en Galicia na faixa de maior consumo televisivo do domingo, en que espazos como “Luci” e “Vaia Troula” fixeron que acadase unha cota media de pantalla do 13%

Santiago, 07.09.2015.- A Televisión de Galicia foi a canle autonómica máis vista esta fin de semana, ao contar cunha cota media de pantalla do 10,3% entre o sábado e o domingo, o que a situou a 1,8 puntos de TV3, a canle máis próxima. No prime time, a TVG tamén acadou o liderado entre o resto de televisións autonómicas, cunha cota media na fin de semana do 11,3%.
Cómpre salientar que a TVG tamén foi quen de liderar as audiencias en Galicia na faixa de maior consumo televisivo do domingo, cun 13% de share, logrando superar así o competidor máis próximo, que foi Antena 3, en 7 décimas.
Ademais do habitual liderado dos espazos informativos, na pasada fin de semana destacan as audiencias de programas ofrecidos pola Televisión de Galicia no prime time do sábado e do domingo, como “Vaia Troula”, “Luci” e “Bamboleo”, que conseguiron levar a canle pública galega ao liderado.
A Galega celebra o seu 30 aniversario sendo líder de audiencia por segundo día consecutivo
A canle pública conseguíu un 12,8% de cota de pantalla no conxunto do sábado
O programa máis visto do prime time foi a "Gala do 25 de Xullo", que foi seguida por un total de 133.000 espectadores no seu minuto de ouro ás 21:59 horas

Santiago 27.07.2015.- A Televisión de Galicia celebrou o día grande da nosa comunidade posicionándose como líder de audiencia tanto no conxunto do día coma no prime time. Ao longo do 25 de xullo, a canle pública galega acadou un 12,8% de cota de pantalla, polo que se converteu na canle máis vista da nosa comunidade. No ámbito galego e autonómico, ningunha outra canle logrou chegar aos 9,5 puntos de cota no conxunto do día.
Os Fogos do Apóstolo lideraron as audiencias no "prime time" en Galicia, con picos do 25% de cota de pantalla
Con esta transmisión, xunto ao Telexornal Mediodía e os Deportes do Mediodía, e TVG fíxose con tres dos catro programas máis vistos o 24 de xullo
Preto de 900.000 galegos seguiron as emisións da Televisión de Galicia ao longo da xornada, o que representa un tercio da poboación
Hoxe pódense seguir en TVG a grande “Gala dos 30 Anos” da Televisión de Galicia, así como o programa “Aquí G

Santiago, 25.07.2015.- A transmisión en Televisión de Galicia do grande espectáculo dos Fogos do Apóstolo liderou a programación de entretemento e as audiencias do prime time ou horario de maior seguimento en Galicia, ao acadar unhas audiencias que chegaron a picos do 25,7% e 255.000 espectadores, segundo os datos de audimetría de Kantar Media.
Un total de 1.670.000 espectadores elixiron a Televisión de Galicia para informarse no mes de setembro
En xeral, os informativos da Galega conservan o seu liderado e volven aumentar a súa audiencia
Os espazos de noticias da TVG máis seguidos foron o “Telexornal Mediodía”, cun 25,8% de cota de luns a venres, e o “Galicia Noticias Mediodía”, co 25,7%

Santiago, 01.09.2014.- Un total de 1.670.000 espectadores elixiron nalgún momento os espazos de noticias da Televisión de Galicia durante o mes pasado para estar ao tanto da actualidade, segundo recolle o informe de audimetría que elabora a empresa Kantar Media. Este seguimento representa o 62,9% dos galegos de 4 e máis anos de idade. En xeral, os espazos informativos da Galega manteñen o seu liderado e volven aumentar a súa audiencia en setembro.
A TVG acadou entre febreiro e marzo unha cota de pantalla do 15,8%, segundo a primeira onda do ano do EGM
O Estudio General de Medios adxudícalle á Galega un incremento do 26,4% con respecto ao período anterior e do 17% en relación á mesma época do ano pasado
Tanto no conxunto do día coma no prime time, destacan especialmente as audiencias da fin de semana

Santiago, 11.04.2012.- Segundo os datos do Estudio General de Medios (EGM), a Televisión de Galicia incrementou a súa audiencia na primeira onda do ano (febreiro-marzo de 2012) en 3,3 puntos e nun 26,4% con respecto á última onda de 2011 (outubro-novembro). O último informe do EGM adxudícalle á canle autonómica galega unha cota de pantalla do 15,8% de luns a domingo, un dato que supón tamén un crecemento en relación ao mesmo período do ano anterior, neste caso de 2,3 puntos, un 17% máis.