CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Especial polo San Roque, en directo, para celebrar esta festividade desde as catro provincias galegas

16/08/2019

Conducido por Cristina Maró, achégase a lugares como Salvaterra de Miño, Betanzos, O Hío, Vilagarcía ou Vigo, para dar conta do ambiente que se vive nesta ponte festiva (22.15 h.)

Especial polo San Roque, en directo, para celebrar esta festividade desde as catro provincias galegas

Santiago, 16.08.2019.-  A ponte de agosto enche Galicia de festexos e tradicións. Para dar conta do ambiente festivo que se vive polo San Roque, unha equipa de reporteiros e reporteiras conducidos por Cristina Maró estarán repartidos polas catro provincias.

Estarán coa veciñanza de Salvaterra de Miño, de Xunqueira de Ambía e de Monforte de Lemos no día da súa patroa; mollaranse na Festa da Auga de Vilagarcía e acompañarán a xente de Betanzos no seu día máis importante do ano. Ademais gozarán coas danzas ancestrais de San Roque do Hío, percorrerán a finca de San Roque en Vigo e achegaranse a outros puntos como Nigrán.