CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

'Casamos!' pon esta noite o ramo a un amor de segundas oportunidades, o de Raquel e David

23/02/2021

A desta noite (22.25 h) será unha voda de familiares e amigos, en que as sorpresas e as bágoas de emoción están garantidas

'Casamos!' pon esta noite o ramo a un amor de segundas oportunidades, o de Raquel e David

Santiago, 23.02.2021.-   ‘Casamos!’, o programa que ofrece un retrato coral sobre o universo das vodas en Galicia, ofrece esta noite unha nova entrega, un romántico enlace, en que os espectadores poderán ver os detalles e particularidades desta parella de noivos, formada por Raquel e David, que son a viva imaxe de que as segundas oportunidades existen. Unha parella de Tomiño que se coñeceu por casualidade nun Entroido.

David namorou ao momento pero a Raquel custoulle un pouco máis, pois deixara recentemente unha relación que non fora doada e tiña unha filla pequena. Con todo, comezaron a saír, pero a cousa non foi ben. A relación rompeu e cada un refixo a súa vida... ata que 14 anos despois o destino os volveu unir.

A vida brindoulles esta segunda oportunidade e agora ningún dos dous quere perder a ocasión de viviren o seu amor ao cento por cento! A voda será unha cerimonia de familiares e amigos en que as sorpresas e as bágoas de emoción están garantidas!