CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

As semifinais polo título ACB entre Real Madrid-Unicaja, en directo, na tvG2 e na web da CRTVG

04/06/2014

A eliminatoria, ao mellor de cinco partidos, comeza este venres, ás 20.15 horas

As semifinais polo título ACB entre Real Madrid-Unicaja, en directo, na tvG2 e na web da CRTVG

Santiago, 04.06.2014.- A segunda canle da Galega, a tvG2, e a web da CRTVG  (www.crtvg.es/deportes) ofrecerán, en directo, a serie de semifinais da Liga Endesa polo título ACB, que disputarán o Real Madrid e o Unicaja. A eliminatoria, que se xoga ao mellor de cinco partidos, dará comezo este venres, ás 20.15 horas.

Tanto este encontro coma o segundo (domingo 8, ás 12.15 horas) xogaranse no Palacio de Deportes de Madrid para desprazarse posteriormente a Málaga. O Real Madrid gañoulle ao CAI Zaragoza por 2 a 0 en cuartos de final, mentres que o Unicaja necesitou os tres partidos para vencer o Herbalife Gran Canaria.

Esta será a terceira vez que se enfronten nuns 'play off' polo título ACB. Nesta temporada, na Liga regular, o Real Madrid gañoulles aos malagueños nas dúas ocasións.