CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Ana e Antonio son os protagonistas do programa "Boa Nova"

03/06/2014

A parella, dous pais experimentados, séntese como novata coa chegada dun novo bebé (23.20 h.)

Ana e Antonio son os protagonistas do programa "Boa Nova"

Santiago, 03.06.2014.- O programa da TVG “Boa Nova” (23.20 horas), que afonda nas vivencias e nas emocións de futuros nais e pais no último mes de embarazo e que acompaña a familia nos preparativos para o acontecemento, terá hoxe como protagonistas a Ana e Antonio. Xuntos agardan a Gonzalo, un bebé moi desexado que chega nunha etapa madura das súas vidas.

Aínda que teñen outros fillos, din que se senten pais novatos pola cantidade de tempo que pasou desde a última vez. Así que, coa emoción e simpatía que caracteriza esta parella e coa grande axuda achegada por Joaquín, un dos seus fillos, os espectadores verán como esta parella ultima os preparativos para a chegada do novo bebé á familia.

Sesións de fotos, compras de última hora e prácticas de como cambiar cueiros e das respiracións adecuadas para o día do parto son algúns dos asuntos que centran o día a día de Ana e Antonio neste compás de espera.