CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A web da CRTVG ofrece hoxe en exclusiva o partido da Copa Federación entre o CD Lugo e o Rácing de Santander B

11/01/2012

Correspondente á ida dos oitavos de final da competición, transmitirase en directo a partir das 20.30 h a través de ww.crtvg.es/deportes

A web da CRTVG ofrece hoxe en exclusiva o partido da Copa Federación entre o CD Lugo e o Rácing de Santander B

Santiago, 11.01.2012.-  A páxina web da CRTVG continúa coa súa aposta polo deporte galego e ofrecerá esta noite, en directo e en exclusiva, o partido entre o CD Lugo e o Rácing de Santander B, correspondente á ida dos oitavos de final da Copa Federación, unha competición de fútbol que disputan anualmente os clubs de Segunda B e de Terceira División.

O conxunto lucense encara así unha costa de xaneiro dura, xa que, ademais dos catro partidos de Liga correspondentes, terá que disputar unha eliminatoria que terá a súa primeira parte hoxe a partir das 20.30 h no estadio Anxo Carro. O encontro poderase seguir en directo a través do enlace www.crtvg.es/deportes.