CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A web da CRTVG dispón dunha canle temática sobre Roberto Vidal Bolaño

29/04/2013

Esta nova sección recolle referencias da biografía e da obra do homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013, así como todo o material audiovisual da TVG e documentos da Radio Galega sobre o dramaturgo

A web da CRTVG dispón dunha canle temática sobre Roberto Vidal Bolaño

Santiago, 29.04.2013.- A páxina web da CRTVG acaba de crear unha canle temática sobre Roberto Vidal Bolaño, persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013. Nesta nova sección, os usuarios poden acceder a unha biografía e ao material audiovisual presente no arquivo dos medios públicos galegos sobre este escritor, actor e director de teatro compostelán.  

Cómpre salientar que nesta nova canle temática inclúese unha recensión sobre a súa obra, diálogos e programas especiais sobre o autor teatral desenvolvidos na Radio Galega e vídeos e programas relacionados coa súa figura e realizados pola Televisión de Galicia. Así, neste apartado, os usuarios poden ver desde unha entrevista que concedeu Bolaño á TVG en 2001, unha conversa co seu fillo no “ZigZag Diario” ou variadas homenaxes ao dramaturgo, entre outros contidos.