CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A última semifinal de 'A Liga dos Cantantes Extraordinarios' sumará dous artistas para a gran gala final

22/08/2019

Incorpórase nesta edición do concurso a cantante Verónica González, do Grupo Puzzle

A última semifinal de 'A Liga dos Cantantes Extraordinarios' sumará dous artistas para a gran gala final

Santiago, 22.08.2019.- A TVG ofrece esta noite a penúltima gala de ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ (22.05 h.), concurso musical presentado por Paco Lodeiro. Cómpre salientar que, nesta edición, clasificaranse dous finalistas máis, que se sumarán aos 6 cantantes anteriores, para o desenlace que se vivirá o próximo xoves na gran final.

Nesta sétima edición do programa incorpórase Verónica González, do Grupo Puzzle, en substitución de Laura Añón, que gañou na entrega anterior. Os fans e familias dos artistas tampouco perderán esta última semifinal para apoiar os seus familiares.

Abrirá a gala a Mekanika Rolling Band co seu tema ‘En busca da festa’. Tamén o coreógrafo e bailarín do programa, Adrián Esperón, dará una gran clase de baile e ensinaralles aos espectadores a bailar un valse. Pola súa parte, Diego Moreira fará o que mellor sabe facer, poñer a todo o público en pé.

‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ busca cada semana a mellor voz entre oito cantantes solistas das orquestras que máis enchen de espectáculo as nosas verbenas. Ao remate de cada gala, un aspirante clasificábase para a gran final do programa, tras ser seleccionado por un xurado integrado por Pili Pampín, Lito Garrido, Mon (Monopolius Dop) e Lucía Pérez.