CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

TVG mantivo o seu liderado entre as autonómicas e foi a segunda máis vista en Galicia en xuño

01/07/2017

Acadou unha cota de pantalla do 10,6%, empatando nesta ocasión coa catalá TV3

Os programas Galicia Noticias e Telexornal permiten que no ámbito galego a Televisión de Galicia siga a ser con diferencia a máis vista na faixa do mediodía

Santiago, 01.07.2017.-    A TVG mantén os seus bos resultados de audiencia e volveu ocupar o liderado entre as televisións autonómicas durante o mes de xuño, cun 10,6% de cota de pantalla, igualando nesta ocasión o dato co obtido pola canle catalá TV3. Así, Televisión de Galicia mantén o liderado desde finais do pasado ano.

No ámbito galego, TVG foi a segunda opción máis seguida en xuño, superando a Antena 3 (10,1%) e La1 de TVE (9,9%) e só por detrás de Telecinco. Ademais foi a canle xeralista que máis medrou con respecto ao mes anterior.

A importancia dos programas informativos da Televisión de Galicia queda de manifesto no feito de que na faixa informativa do mediodía, entre as 13.30 e as 15.30 horas, horario no que se emiten os programas Galicia Noticias Mediodía e Telexornal Mediodía, segue a ser a  líder entre todas as canles cunha cota de pantalla semanal de 22,1% e de 23,2%, de luns a venres, a máis de 11 puntos de distancia de Tele5, o seu inmediato competidor.

Ao 10,6% do total día súmase o dato da tvG2, xa que a segunda canle achegou un 0,7% de audiencia ao longo do mes de xuño.