CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A CRTVG trasládase a augas vascas para ofrecer, en directo, a Bandeira de Zarautz

16/08/2019

A G2 e a web da CRTVG ofrecerán o trofeo entre o sábado (18.00 h.) e o domingo (11.30 h.)

A CRTVG trasládase a augas vascas para ofrecer, en directo, a Bandeira de Zarautz

Santiago, 16.08.2019.-  A audiencia dos medios públicos galegos ten de novo unha dobre cita coas traiñeiras esta fin de semana. Tanto a G2 como a web da CRTVG ofrecerán, en directo, a máxima competición feminina da Liga Euskotren e das embarcacións masculinas na Eusko Label, que vogarán para facerse coa Bandeira de Zarautz.

As emisións comezan o sábado, coas probas clasificatorias a partir das 18.00 horas, e o domingo disputaranse as finais desde as 11.30 horas. No que respecta á liga feminina, que hoxe remata, a fin de semana pasada alzouse co título, de forma matemática, a traiñeira de Orio. Tamén Orio encabeza a liga Eusko Label, mentres que a embarcación galega Cabo se sitúa nun oitavo posto, librándose así dos últimos 3 postos en perigo de descenso, que se decidirán entre as próximas catro xornadas.

Cómpre salientar que o gañador de cada unha das dúas bandeiras sairá da suma dos tempos das dúas xornadas. Malia isto, despois de cada regata outorgaranse os puntos para a clasificación xeral, en base ao resultado final da xornada.