CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A CRTVG emite este mércores a final da Copa Federación entre o Pontevedra e o Ontinyent

10/04/2018

Este encontro poderase seguir ás 20.00 horas pola tvG2, na web e a través da plataforma 'Mira Radio Galega'

A CRTVG emite este mércores a final da Copa Federación entre o Pontevedra e o Ontinyent

Santiago, 10.04.2018.- O Pontevedra xoga este mércores ás 20.00 horas o encontro de volta da final da Copa Federación ante o Ontinyent. A vitoria no partido de ida por 1-0 sitúa o equipo pontevedrés moi preto do título. O partido poderase seguir en directo na tvG2 e na web da CRTVGGustavo Varela e Belarmino Alonso narrarán a final dende Pasarón.

Simultaneamente, a Radio Galega ofrece unha edición especial do 'Galicia en Goles', en que o encontro entre galegos e valencianos será o claro protagonista. A emisión será exclusiva a través da web da CRTVG e das aplicación móbiles na plataforma 'Mira Radio Galega'. Roberto Carlos Carballo dirixe o programa, coa narración de Andrés Vieites e os comentarios de Milucho.

Máis deporte na Radio Galega

Amais da Copa Federación, o 'Galicia en Goles' estará no encontro da Liga ACB de baloncesto entre o Obradoiro e o Unicaja Málaga, no Multiusos Fontes do Sar, coa narración de Pedro Pablo Alonso. O balonmán completará a oferta deportiva do día, co Teucro-La Rioja da Liga Asobal de balonmán.

A partir das once da noite, os oíntes poderán escoitar aos protagonistas dos tres partidos na edición nocturna de 'Galicia en Goles'.