CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

A arquitecta e o equipo do 'Galicia bonita' afrontarán en Neda un novo reto coa remodelación dun pendello

27/05/2019

Deberán manter a confianza do dono da propiedade para mellorala estrutural e visualmente (22.10 h.)

A arquitecta e o equipo do 'Galicia bonita' afrontarán en Neda un novo reto coa remodelación dun pendello

Santiago, 27.05.2019.-  O equipo de 'Galicia bonita', que percorre o país para resolver os feísmos máis comúns que se vén na nosa terra, recalará hoxe na localidade coruñesa de Neda co cometido de mellorar estrutural e visualmente unha nova propiedade.

Nesta ocasión, a arquitecta Rosa Facal e os seus axudantes terán que facer fronte a un dobre obxectivo. Por unha parte, tratar de manter a confianza de Carlos, o propietario da leira, e, pola outra, tratar de unificar un pendello dentro doutro pendello, e todo isto 'pasados por auga'.