CRTVG

Buscar

CRTVG Viva

Os seguidores de 'Pazo de familia' descobren hoxe a sorprendente identidade do asasino de Suevia

12/12/2018

Sara daralle unha resposta á proposta de casamento de Emilio e a parella formada por Marisiña e Tomaso comunicará tamén unha noticia moi importante

Os seguidores de 'Pazo de familia' descobren hoxe a sorprendente identidade do asasino de Suevia

Santiago, 12.12.2018.- Na recta final de 'Pazo de familia', e logo de tender a súa trampa, Nino e Mónica ven chegar a Miki nun coche cos vidros escurecidos, sen conseguir saber quen vai no asento traseiro. Nino desoe o consello de Emilio de deixar que sexan os seus detectives privados os que dean co paradoiro do narcotraficante para interrogalo. Colle unha pistola e consegue citarse con Miki nun cemiterio, pero quen chega primeiro é Mónica, que lle recrimina esa irresponsabilidade. Miki sorpréndeos e, logo de apuntarlles con outra arma, obrígaos a cavar a súa propia tomba.

Sen tempo para fuxir, Carlos é arrestado polo comisario Hortas, acusado da morte de Suevia. Porén, Claudia, que vira a persoa que montou no coche do narcotraficante, ata cabos e descobre que foi o asasino ou asasina que acabou con Suevia e logo obrigou a Miki a cargarlle o morto a Carlos.

ler máis

A TVG entrevista en Estrasburgo os catro deputados galegos no Parlamento Europeo

11/12/2018

Estas conversas ofreceranse, desde mañá mércores, en días consecutivos, no informativo 'Bos días' da canle pública

A TVG entrevista en Estrasburgo os catro deputados galegos no Parlamento Europeo

Santiago, 11.12.2018.- Televisión de Galicia desprazou un equipo dos servizos informativos a Estrasburgo para realizar unha serie de entrevistas aos catro deputados galegos na Eurocámara e seguir de preto o pleno do Parlamento Europeo, que se celebra hoxe e mañá.

Inmersos na semana convulsa que vive Europa ante a incerta decisión sobre o 'brexit', a TVG quererá coñecer, de primeira man, a opinión que teñen sobre este tema os catro representantes galegos na Eurocámara. Ao longo das entrevistas abordaranse tamén cuestións puntuais nas comisións en que traballan individualmente e aspectos da política de España e Galicia, así como asuntos de actualidade que afectan aos seus partidos.

ler máis

A TVG estrea esta noite 'Os Mariachi', unha disparatada serie de humor con Morris e Manquiña como protagonistas

11/12/2018

Ambientada na comarca do Ribeiro, esta nova comedia de situación conta o día a día dunha extensa familia ourensá coñecida polo alcume os Mariachi

Reúne, amais, destacadas figuras do audiovisual galego, como Patricia Vázquez, Federico Pérez, Marcos Pereiro, Cristina Andrade, Marita Martínez e Lucía Veiga

A TVG estrea esta noite 'Os Mariachi', unha disparatada serie de humor con Morris e Manquiña como protagonistas

Santiago, 11.12.2018.-  Chega esta noite unha nova ficción á Televisión de Galicia, co humor disparatado como principal ingrediente. Ambientada na comarca do Ribeiro, 'Os Mariachi' (22.25 h.) é unha comedia de situación, en entregas semanais de 30 minutos, que conta o día a día dunha extensa familia ourensá coñecida polo alcume os Mariachi. Trátase dun variado grupo de persoas de distintas idades e caracteres obrigadas a entenderse e a compartir un espazo común. 'Os Mariachi' conta cun destacado elenco de actores galegos, con Manuel Manquiña e Antón Durán ‘Morris’ nos papeis principais.

ler máis

Hoxe é día de mercado para os 'Larpeiros', que prepararán polbo con arroz

11/12/2018

Merchi e a convidada da presente edición Victoria Oubiña proporán, amais, unha saborosa espiral de mazá con cabelo de anxo

Hoxe é día de mercado para os 'Larpeiros', que prepararán polbo con arroz

Santiago, 11.12.2018.-  Hoxe no almorzo, os 'Larpeiros' (22.55 h.)manteñen unha animada conversa sobre os mercados. Porque, ademais de cociñar e comer, hai outro pracer que lles gusta moito a estes comensais: ir ao mercado! Todo lle presta a un bo larpeiro, desde mercar unhas flores para unha amiga, unhas rosquillas para algún amigo ou mesmo gozar da xente. Ver todas esas persoas indo e vindo, preguntando ou mercando nos postos, e ademais nas feiras e nos mercado tamén hai roupa, ferramentas, gando... Cada feira é un mundo. E se hai unha cousa que gusta a todos os larpeiros por igual de ir a feira é comer o polbo. Ir onde unha boa polbeira e compartir un prato de polbo.

E falando de polbo, o mestre Benigno púxose creativo, e pensa facer unha receita que sexa unha homenaxe a este animaliño que tantos amigos ten por toda Galicia, e parte do estranxeiro: Polbo con arroz. Este é un prato que xa ten feito na casa dos 'Larpeiros', pero hoxe, pensa facelo dun xeito diferente, un pouco ao estilo dos portugueses que queda moi rico.

Pola súa parte, Adrián, o larpeiro “máis teimudo”, irá voando cara a Celanova, na provincia de Ourense. Alí, mergullarase de cheo no mundo das feiras e dos mercados. Converterase en vendedor por un día e terá que vender un pouquiño de todo, desde plantas ata embutidos, pasando por verduras e ferramentas. De volta na casa, a festa vai ser completa coa espiral de mazá con cabelo de anxo, coa que Merchi e a convidada Victoria Oubiña, agasallan o resto dos comensais.

ler máis

'A noite de Miro Pereira' dá conta hoxe de como o estilo do icónico personaxe da TVG prendeu na cultura popular

10/12/2018

As cámaras da canle pública visitan un bar na Estrada que rende homenaxe ao Suízo e recollen as impresións dos fans da serie 'Pratos combinados'



'A noite de Miro Pereira' dá conta hoxe de como o estilo do icónico personaxe da TVG prendeu na cultura popular

Santiago, 10.12.2018.- A Televisión de Galicia rende homenaxe esta noite a un dos personaxes máis icónicos da canle pública, Miro Pereira, o dono do bar Suízo na serie 'Pratos combinados'. Durante  máis dunha década, o falecido actor Ernesto Chao deu vida a este home de non moitas luces, vago e avaro, sempre metido en leas co seu cuñado Antón.

'A noite de Miro Pereira' achégalles aos espectadores as distintas facetas do creador dun estilo propio, que mesmo sobreviviu ao personaxe. As cámaras da TVG estarán na Estrada no bar A casa de Miro Pereira para recoller o testemuño de tres fans da serie que introducirán as distintas seccións dun programa clave para entender o estilo Miro Pereira. Así, por exemplo, falarase das súas innovacións culinarias, como o bocadillo de xamón sen xamón ou o café con mondas de pataca, e tamén da súa peculiar linguaxe, con verbas como “miñoca”, “bertorella” e a mítica expresión “mecagho no mundo”.

A TVG emite o biopic dun personaxe de ficción con tanto arraigamento na cultura popular galega que chegou a ter vida propia. O hostaleiro máis famoso de Galicia, ourensán retornado de Suíza, montara o bar Suízo coa súa dona Balbina, máis ben para que traballara ela mentres el argallaba co cuñado. Farta de aturalo, Balbina marchou e foi a súa curmá Olimpia a que tivo que ser testemuña das súas ocorrencias desde entón. Os fans do estilo Miro Pereira, non poden perder este programa! Irá acompañado dos especiais 'Queremos tanto a Miro' e 'Escola de trampulleiros', que recordarán algunhas fazañas en 'Pratos combinados'.

ler máis

No cuartel de `Serramoura´ andan tras a pista dun novo asasino cun modus operandi igual ao dun psicópata preso

09/12/2018

A banda criminal de Pancho comeza a poñerse nerviosa ante a inexistencia de novos golpes e os ingresos prometidos

No cuartel de `Serramoura´ andan tras a pista dun novo asasino cun modus operandi igual ao dun psicópata preso

Santiago, 09.12.2018.-  Hai un novo asasino en "Serramoura" e no cuartel traballan sen descanso para darlle caza antes de que cometa un novo crime. Pero as pistas que teñen Marga e Roi para afrontar o caso son escasas. Despois de atopar o corpo da Roxa sen o corazón, no cuartel sospeitan que o suceso tamén ten relación co caso de Adela, pero para avanzar na investigación hai que establecer a vinculación entre as dúas vítimas.

ler máis

Manu Tenorio celebra os seus 16 anos na música cun novo disco, que presenta no `Bamboleo´

08/12/2018

A orquestra Compostela, Xestreu, As Panteras Mambo, entre outros convidados, animarán tamén o programa coas súas actuacións

 

 

Manu Tenorio celebra os seus 16 anos na música cun novo disco, que presenta no `Bamboleo´

Santiago, 08.12.2018.- Chega o sábado e con el unha das noites máis festeiras á Televisión de Galicia. E faino con “Bamboleo”, que vai comezar cunha das orquestras máis veteranas da comunidade, a orquestra Compostela, que está a piques de chegar o seu centenario.

ler máis

23 horas de deporte na Radio Galega esta fin de semana, cos encontros do Celta, Deportivo e Lugo entre o máis destacado.

08/12/2018

A Radio Galega tamén narrará os partidos de Breogán e Obradoiro, así como o derbi galego de balonmán entre o Teucro e o Cangas

23 horas de deporte na Radio Galega esta fin de semana, cos encontros do Celta, Deportivo e Lugo entre o máis destacado.

Santiago. 08.12.2018.- A Radio Galega inicia o sábado ás doce do mediodía a programación deportiva da fin de semana cunha nova edición do ‘Convivir deportivo’. Desta volta, Alfonso Pardo continúa no concello de Rianxo, agora para presentar o club de fútbol Unión Asados. A partir da unha menos dez, Alberto Rivero conduce a primeira sesión de Galicia en Goles, centrada no fútbol de Segunda División A coa retransmisión do partido Deportivo da Coruña - Numancia de Soria, desde o estadio municipal de Riazor. Javi Torres, Xosé Manuel Traba e Peli Cantoná encargaranse de contar á audiencia todo que suceda sobre o terreo de xogo.

Ás tres da tarde chega Xoán Galán coa sesión de tarde, que continuará en Riazor cos protagonistas do encontro na sala de prensa e na zona mixta. Logo, o interese estará no campo de Las Pistas, en Salamanca, onde o Fabril visita ao Unionistas, dentro da Segunda División B, e no Laracha - Arousa de Terceira. Desde as seis, toda a atención estará posta no estadio Madrigal, onde o Celta visita ao Vilarreal na Primeira División, con Roberto Carlos Carballo desprazado ao estadio castellonenco. O último treito do programa pasará pola Liga ACB co Zaragoza - Obradoiro que narrará Raúl Villares desde o Príncipe Felipe, xunto ao derbi galego da Asobal entre o Teucro e o Cangas que se disputa en Pontevedra.

Ás once da noite, o programa de motor ‘Gas a fondo’ entrevista ao presidente da Federación Galega de Automobilismo, Iván Corral, e ás once e media Toni López García convida a taekwondista Cloe Iglesias e a maratoniana Vanesa Veiga ao espazo olímpico Galicia en Toquio.

O domingo, ás doce do mediodía, o fútbol de Segunda B e Terceira será o protagonista ata as dúas da tarde. O Celta B recibe o Fuenlabrada, mentres o Bouzas visita o filial do As Palmas e o Coruxo xoga no campo do segundo equipo do Atlético de Madrid. Na Terceira dispútase o Polvorín-Céltiga, coa estrea de Javi Rey no banco do equipo da Illa.

Ás tres, o ‘Galicia en goles’ estará en Vitoria co Baskonia-Breogán da ACB e coa xornada de Segunda B e Terceira, dando prioridade ao Pontevedra-Adarve, Barco-Bergantiños e Arenteiro-Racing de Ferrol. Ás oito, o encontro de Segunda División A entre o Lugo e o As Palmas copará o protagonismo desde o Anxo Carro.

Esta fin de semana, os oíntes poderán gañar entradas de tribuna para o Celta-Leganés xogando á porra do Villarreal-Celta, enviando o resultado por mensaxe de WhatsApp gratuíta ao 616 216 475. Tamén terán opción de levar entradas de tribuna para o Dépor-Zaragoza si asisten ao campo de Espiñedo, no Carballiño, e pasan a visitar a cabina da Radio Galega.

Ás once da noite, Pedro Pablo Alonso abre mesa de debate en ‘Ao contraataque’, arroupado polos mellores especialistas no fútbol galego.

En definitiva, esta fin de semana a Radio Galega dedica vinte e tres horas ás retransmisións deportivas, nun esforzo que tivo recompensa no último Estudo Xeral de Medios, xa que o programa Galicia en Goles é o máis escoitado nas tardes do domingo.

ler máis

'Luar' gozará da arte flamenca de Niña Pastori, que interpretará os seus últimos temas

07/12/2018

O cantante Raúl será outra das atraccións do programa, que tamén contará coa presenza de María Mera e do grupo La banda del capitán inhumano

'Luar' gozará da arte flamenca de Niña Pastori, que interpretará os seus últimos temas

Xosé R. Gayoso e Patricia Fernández  acudirán como todos os venres á súa cita cos espectadores da TVG, nun novo programa de 'Luar'. No espazo de hoxe cóntase cunha variada proposta de contidos, en que, coma sempre, destacan as actuacións musicais.

Niña Pastori será a principal atracción da noite, considerada unha das representantes máis coñecidas do flamenco español. A andaluza interpretará dous tema do álbum que presentou este ano, que ten por nome 'Bajo tus alas'. As cancións coas que animará a público e espectadores serán 'La habitación' e 'La mudanza'.

Outra das caras máis recoñecibles será o cantante Raúl, que saltou á fama ca célebre canción do verán 'Sueño tu boca'. Case 20 anos despois segue estando de moda e no programa desta noite interpretará dous dos seus temas máis recentes, 'Me hace falta tu amor' e 'Quisiera que me quisieras'.

Afastada do eido musical, hoxe estará no programa a actriz María Mera, que acompañará os presentadores mentres descobren os incribles traballos dunha maquilladora de bandullos.

Durante a noite tamén haberá oco para a música tradicional, coa participación da Banda de Música Municipal de Valga, de Rondalla O Castro, Coral Cantigas do Castro e de Fanfarria Furruxa. Nun ton moito máis moderno actuarán La banda del capitán inhumano,  a orquesta Finisterre e Sito Sedes, que interpretará 'Perfidia'.

A maiores, 'Luar' tamén terá espazo para o humor, coa actuación dos humoristas Brandariz e Veiga na súa peculiar interpretación do kamasutra. Ademais, dentro  do certame 'Recantos', enfrontaranse Alberte Suárez, chegado dende Ourense, e Dolores Tasende, dende A Coruña.  

ler máis

'Land Rober Tunai Show" xunta esta noite a Julio José Iglesias e Antonio Resines

06/12/2018

O programa tamén fará gozar os espectadores coas seccións “Xubilados vs Milennials”, “Auga vai” e “Mentira Cochina”

'Land Rober Tunai Show" xunta esta noite a Julio José Iglesias e Antonio Resines

Santiago, 06.12.2018.- “Land Rober Tunai Show” recibe esta noite dous grandes: o cantante Julio José Iglesias e o actor Antonio Resines.  Por primeira vez xuntos en televisión, contarán todo tipo de historias na sección de “Mentira Cochina”, en que a clave será saber cales son verdadeiras e cales puro invento.

ler máis