Programas
Os máis destacados en Programas
-
Zombie hotel
As aventuras de Fungus e Maggot dous zombies, fillos dos donos dun hotel, e do seu mellor amigo, un neno chamado Sam
-
Zigzag-Eirado
Complemento do informativo cultural “ZigZag Diario”, cunha entrevista cada semana e actualidade de música, cine, libros e arte
-
Zigzag Diario
Programa da canle autonómica que achegará aos espectadores galegos toda a actualidade cultural.
-
Vivir o mar
Este espazo, con vocación didáctica, está especializado na elaboración de reportaxes divulgativas sobre as actividades marítimas e pesqueiras de Galicia, un sector de importancia socioeconómica capital no noso país.
-
Vivir aquí
En Vivir Aquí os reporteiros do programa percorren estradas, corredoiras e camiños para coñecer o que lle pasa cada día aos galegos
-
Vivan as tardes!
Espazo familiar de entrevistas e entretemento conducido por Pili Pampín e Yolanda Vázquez
-
Vidago Palace
A serie narra unha historia de amor nun contexto histórico extraordinario e nun ambiente tan espectacular como o luxoso hotel balneario aberto en Vidago, no norte de Portugal e preto da fronteira con Galicia, a comezos do século XX para acoller o máis selecto da sociedade europea.
-
Translación dos restos do Apóstolo
Transmisión en directo da Misa solemne da Ofrenda Nacional de Translación dos restos do Apóstolo Santiago desde a Catedral de Santiago.
A cerimonia lembra o lendario traslado que se fixera desde o porto de Jaffa (Xerusalén) ata as costas galegas, onde os restos desembarcaron en Iria Flavia (Padrón). -
Top 10
A clasificación máis galega, todas as respostas que os galegos dan sobre temas como cales son as mellores cancións de Galicia, as paisaxes e currunchos máis valorados ou as mellores tapas que se poden comer na nosa terra, están recollidas neste novo programa, que reflicte a opinión de todos os públicos.
-
Terra de Miranda
Narra a historia dunha muller que tras unha ruptura matrimonial, decide deixar Vigo e establecerse na súa terra natal