Xente con xente. Coa auga ata o pescozo (14/01/2012)
Coa auga ata o pescozo
Xente con xente
Que teñen en común? Así comeza o novo programa da TVG “Xente con Xente”. Os reporteiros Inma Morandeira e Matías Tarrío descobren as semellanzas e diferenzas entre os tres lugares elixidos para visitar en cada programa. Tres lugares que manteñen unha estreita relación: nalgún caso será a paixón polo fútbol; noutro, a forma peculiar de cocer o pan, lendas que os converten en lugares máxicos ou a súa relación co polbo. Este será o fío condutor a través do cal nos achegaremos aos costumes de cada lugar, ao seu día a día, coñecendo incluso os conflitos que poidan existir con outras zonas, os cantos e bailes típicos ou a destreza entre fogóns á hora de levar os nosos manxares á mesa.
Porque non hai nada mellor que pasar o tempo entre veciños, “Xente con xente”.
Horas de emisión:
- 16:00 / 17:00

