Vivir aquí (20/05/2012)
Os reporteiros do programa realizan un percorrido polo mundo das cooperativas galegas, que teñen por lema sumar esforzos e ás veces son grandes descoñecidas.
Vivir aquí
Gústanos Vivir Aquí. Gozamos descubrindo esas pequenas historias que non saen nos telexornais, buscamos as experiencias que lle poden pasar a calquera, as particularidades da vida cotiá. Porque fóra dos grandes acontecementos está a vida. Devecemos por atopar as historias que nos chegan non só áo cerebro, senón tamén ao corazón.
Gústanos Vivir Aquí, porque Galicia ten case tres millóns de historias que se escriben cada día. Nós queremos escoitalas e contarllas a vostede. De Ribadeo a Tui, do Padornelo a Fisterra, os reporteiros do programa percorremos estradas, corredoiras e camiños para coñecer o que lle pasa cada día aos galegos. Na nosa próxima emisión pode saír a súa aldea, o seu veciño, un familiar seu; vostede pode ser o noso vindeiro entrevistado. Gustaralle Vivir Aquí.
Máis programas de Vivir Aquí en Máis á Carta
Horas de emisión:
- 01:52 / 02:08
- 06:50
- 16:09 / 16:56
- 22:45 / 23:30
- 02:00 / 02:45
- 03:05 / 03:55
- 22:00 / 23:00
- 22:30 / 23:15
- 05:00 / 05:45
- 17:30 / 17:45
- 15:30 / 16:15
- 16:45 / 17:30
- 05:15 / 06:00
- 06:45
- 20:45 / 21:00
- 23:30 / 23:45

