Vaia choio!!
Programa en que se presentarán os traballos máis duros, arriscados e desagradables de Galicia. Presentado por Simone Negrín, un italiano asentado en Galicia, que adoptará no programa o papel de Francesco Negroni, ‘Vaia Choio’ percorrerá Galicia en busca daqueles traballos que fan a vida máis cómoda, e rematará cada xornada cunha ducha máis que necesaria.
En ‘Vaia Choio’, Negroni coñecerá algúns aspectos da vida campestre, mesmo traballará nunha granxa como inseminador de coellos e tamén analizará excrementos dos animais. Xa na cidade, vivirá en primeira persoa o quefacer diario dos vertedoiros e aprenderá a reciclar os refugallos que chegan ás entulleiras.