Tourilandia (26/04/2012)

26/04/2012 - 22:15 h
Tourilandia (19/04/2012)
19/04/2012
22:15 h
Tourilandia (12/04/2012)
12/04/2012
22:15 h
Tourilandia (29/03/2012)
29/03/2012
22:00 h
Compartir en Facebook

Tourilandia

Programa de humor que presenta Xosé A. Touriñán, o que fora un dos integrantes de Mucha e Nucha.

Touriñán, que tamén é o director do espazo, xunto con Xosé Arias, estará acompañado por actores de longa traxectoria no mundo do humor como Federico Pérez, Isi, Isabel Risco, Iria Sobrado e Marcos Pereiro, que cada xoves darán vida a distintas personaxes.

En “Tourilandia” haberá sketchs, tanto no estudio coma en exteriores, convidados famosos que amosarán a súa vertente máis artística, actuacións en directo de grupos musicais e da propia banda do espazo, parodias, comedias de situación, vídeos musicais, público activo en plató, entre outras seccións e algún concurso que sorprenderán á audiencia pola súa orixinalidade.

Neste “talent show”, a xente da rúa poderá amosar as súas dotes para o canto, baile, deporte ou demostrar a súa arte para realizar destrezas imposibles de clasificar, como virar tortillas, facer castelos de naipes, comer ovos cocidos, levantar pratos co nariz, facer versións de cancións con arrotos... calquera aptitude ocorrente terá cabida en “Tourilandia”, sempre que se poida levar a cabo nun minuto de tempo. Para dar co talento máis sorprendente de todos, “Tourilandia” puxo en marcha o enderezo electrónico, videos@tourilandia.es, ao que os interesados poden facer chegar vídeos das súas proezas, xunto cos seus datos de contacto

Galería de imaxes

Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.
pedrobarr93 #1
06/05/2012 10:44:38
Moitas gracias por subires o programa tódalas semanas. Non me perdo un. Pero falta o último da tempada. Agradeceríase moitísimo poder desfrutar desta última entrega ata setembro. Moitas gracias de novo!!