Salitre e vento

A xente anónima que realiza o seu traballo nos portos galegos é a base do contido do programa "Salitre e vento". O docu-soap conducido por Henrique Rivadulla Corcón quere contar quen son estas persoas, cal é o traballo que realizan e como é a súa vida diaria dentro do porto.

Tamén nos portos se pode atopar xente que non traballando en actividades portuarias si está moi relacionada con elas: fotógrafos, escritores, coleccionistas de obxectos do mar, pintores... Trátase de dar a coñecer aos espectadores as persoas que fan dun porto algo vivo, xa que cada un deles ten a súa propia personalidade derivada das distintas persoas que o habitan.

Horas de emisión:

Lu
Ma
Me
Xo
Ve
Sa
Do
  • 15:15 / 16:00
Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.