CRTVG

Buscar
Ruta amodiño por Tui e O Porriño

Ruta amodiño por Tui e O Porriño

17/04/2020 - 00:00 h

Ruta amodiño por...

A imaxe e o son ambiente son protagonistas deste espazo, todas as noites na canle pública, que amosa unha fotografía inédita destes días nas urbes galegas

Televisión de Galicia foi pioneira en España nos formatos de ‘slow tv’ coa experiencia de ‘Destino Santiago’, espazo transmedia que narrou en directo dúas peregrinacións a Compostela, en 2017 e 2018

Ruta Amodiño por...’ , programa que percorre as principais cidades galegas, tanto os seus núcleos urbanos como os arrabaldes, para amosar a imaxe única e impactante das rúas baleiras de xente, no confinamento por mor da emerxencia sanitaria. É unha nova mostra do xénero da ‘slow tv’ na TVG e realízase cada xornada cunha cámara autónoma, un coche e só co son ambiente, sen montaxe, nin locucións, nin música nin outros recursos narrativos.

O propósito é ofrecer ao espectador un percorrido en primeira persoa, liberado de todos os recursos televisivos que habitualmente poñen distancia, para que poida ver cos seus propios ollos o que sinxelamente transmite a cámara.

Ruta amodiño por... á carta