CRTVG

Buscar

Cedeira e Betanzos

08/06/2014 - 20:00 h
San Cibrao e Burela
01/06/2014
20:15 h
Laxe e Fisterra
25/05/2014
20:15 h
Mares profundos
17/05/2014
17:00 h

Ribeiras

O espazo de Producións Celta para a TVG presentado por X. H. Rivadulla Corcón, ofrece as historias persoais das xentes do mar, historias ligadas á actividade profesional ou ao papel que desenvolven no seo da familia mariñeira. Trátase dun mundo onde o compoñente humano amosa un sentimento moi intenso sobre a vida, xa que se viven situacións moi extremas que forman un carácter apaixonado e sentimental.

 En todas as vilas mariñeiras galegas denomínase ribeira a zona da costa onde hai actividade humana. Dentro dela atópase o porto cos seus peiraos, as lonxas e outras dependencias, pero tamén son ribeira as zonas de marisqueo a pé, ou as zonas de praia onde hai costume de varar embarcacións para amañalas ou pintalas, ou os sitios á beira do mar onde se realizan traballos de terra necesarios para desenvolver os traballos do mar. 

 En “Ribeiras” hai unha gran variedade de protagonistas, desde vellos lobos de mar ata rapaces e rapazas que están a iniciarse no oficio. A paisaxe humana das ribeiras galegas éa base do contido do programa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Ribeiras á carta