Capítulo 156
Na planta de conxelados de Gondar Alimentación descúbrese un brote de saturnismo, intoxicación por chumbo. Luís ordea pechala. Raixa aparéceselle a Leo ameazando con matala. Cando Leo o conta, ninguén acre e pensan que sofre de alucinacións.
Rías Baixas
A familia dos Lantaño, grandes e poderosos propietarios de adegas e viñedos na comarca do Salnés, está a celebrar as vodas de ouro do patriarca Don Ramón e de Dona María. A historia comeza coa chegada a Cambados de Gloria Leiro, unha muller atractiva e intelixente que vén da Arxentina convidada por Don Ramón. Gloria chega para coñecer o seu benfeitor desde que era unha nena, tras a morte de seu pai.
A súa presenza, rodeada de moito misterio, destapa conflitos internos na propia familia, como o malentendido entre Diego e Gonzalo, a caótica situación matrimonial de Olalla e a vontade do patriarca don Ramón de cambiar o testamento. Todo sucede o día da celebración do aniversario, cando a tráxica e provocada morte do patriarca desencadea a loita de Gonzalo por conseguir o que considera seu, custe o que custe.
Gloria quedará en Cambados coa súa filla adoptiva e loitará por coñecer a verdade dos feitos ocorridos anos atrás e por introducirse no negocio vitícola.