Compartir en Facebook

Rex, un policía diferente

Serie de coprodución alemá e austríaca que ten como protagonista a Rex, un can policía, pastor alemán capaz de perseguir e descubrir a calquera criminal. Rex, perfectamente integrado no cadro de persoal, desenvolve a súa actividade na brigada contra o crime de Viena, formada por un comisario e dous inspectores.

Nas tramas mestúranse a tenrura, a acción, o compañeirismo, o misterio e o humor ata o punto que se converte nunha serie apta para toda a familia. Os actores que interpretan o grupo de investigación da policía, van cambiando a medida que pasan os anos, sen que a serie se resinta no seu éxito de audiencia.

O protagonista da serie, á que dá nome, é un can pastor alemán, cuxo verdadeiro nome é Reginald von Ravenhorst, adestrado por Teresa Ann Miller, especialista no adestramento de animais para diferentes películas.

Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.