Quérote tanto
A cantante Lucía Pérez e a actriz Arantxa Treus presentan “Quérote Tanto”, un programa con historias vitalistas e cheas de emoción con protagonistas que merecen unha homenaxe sincera e emotiva.
Os membros da contorna máis próxima da persoa homenaxeada son os “ganchos” do programa. A través destes cómplices, coñecemos as vidas dos protagonistas, un retrato inicial que serve para pór en marcha todo o equipo de “Quérote Tanto” e poder realizar a merecida homenaxe de agradecemento.
Cada entrega complétase con outras historias en “O Recuncho de Quérote Tanto”, unha sección sobre historias de amor ou amizade localizadas nun bar cheo de cámaras ocultas. Arantxa Treus fai de “fada madriña” para que se leven a cabo estas declaracións de sentimentos cara alguén.