CRTVG

Buscar

Procesións Semana Santa

Horas de emisión:

Xo
  • 00:30 / 03:00
  • 04:45 / 07:15

A Televisión de Galicia ofrece as transmisións das procesións de Viveiro e Ferrol, as máis salientables de Galicia, declaradas de Interese Turístico Nacional. En Ferrol, o xornalista Xosé Manuel Maseda, co apoio da profesora Ana, encargarase de transmitir en directo (20.30h pola G2) a procesión Pontificia da Confraría da Nosa Señora das Angustias, cun percorrido que arranca do Santuario (praza das Angustias), e a procesión do Cristo da Misericordia e María Santísima da Piedade, en directo na TVG (ás 00.30h), que arranca de Méndez Núñez. O outro punto de interese da Semana Santa galega está en Viveiro, ata onde se desprazará o xornalista Xosé Manuel Orriols para transmitir as procesións Penitencial da Redención, da Confraría da Misericordia, que sairá da capela do mesmo nome (na TVG, á 01.00, en directo); a procesión da Última Cea (na G2 en diferido) e a procesión do Prendemento, que organiza a Irmandade do Prendemento e colabora a Confraría "O Nazareno dos de Fóra" (na TVG, en diferido).

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Procesións Semana Santa á carta