CRTVG

Buscar

Programa 127

19/12/2013 - 13:15 h
Programa 126
18/12/2013
13:15 h
Programa 125
17/12/2013
13:15 h
Programa 124
16/12/2013
13:15 h

Pola cara

Concurso onde se pon en xogo os coñecementos de cultura xeral sobre Galicia, España e o Mundo dunha maneira áxil e divertida. Tres concursantes xogan de luns a venres para ter a posibilidade de volver a semana seguinte. Ademais, cada día pódense gañar premios en metálico e acceder a un bote que inclúe un cruceiro.

O presentador compostelán Juan Fuentes, condutor de espazos como Criaturas ou Ruta 66, é o mestre de cerimonias de Pola Cara, o encargado de demostrar que é posible divertirse e aprender cousas novas.
 
A audiencia tamén participa a través da figura dos “retadores”. Cada día, seis persoas propoñen un xogo inédito e, a través das súas preguntas gravadas na rúa, formulan moitas das cuestións. Os propios “retadores” teñen a opción de gañar cartos se o concursante falla na súa resposta.

Este programa está producido por Plural Entertainment para Televisión de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Pola cara á carta