Peregrino
O Camiño de Santiago é para moitos máis que unha ruta cara ao encontro da espiritualidade. É unha forma de atoparse a un mesmo ou de atopar respostas a certas cuestións que nos formula a vida. Unha aventura e experiencia inesquecible que marca un antes e un despois na vida de quen o percorre.Peregrino pretende amosar, non só a beleza dos camiños, pobos, xentes e lugares pintorescos que os camiñantes percorren hate chegar a Santiago, se non tamén a beleza das persoas que o recorren, os seus intereses e motivacións, as súas preocupacións, as súas historias... achegándonos así a esas persoas anónimas que poden ter moito máis en común con nós do que criamos. Xunto a esas persoas anónimas recorreremos O Camiño e coñeceremos os puntos e historias máis representativos de cada etapa.