O sol sae para todos
Espazo de reportaxes de actualidade, de 15 minutos de duración, que contará diariamente como os galegos se adaptan a esa nova normalidade.
Emitirase de luns a venres despois do Telexornal Mediodía, e nas primeiras entregas os espectadores verán como se traballa nestes días nos supermercados e tendas de alimentación, como funciona un aeroporto ou un laboratorio, os mercados gandeiros, ou os cámpings, entre outros.
O equipo do programa traballa tamén para amosar como van abrindo os mercados por toda Galicia, os institutos, os xulgados, as áreas de servizo, etc. Os reporteiros/as percorrerán a comunidade e achegaranse a onde se producen as historias e os cambios para comprobar como se volve poñer todo en marcha dentro da chamada nova normalidade e constatar que todo ten que reinventarse.