CRTVG

Buscar

Capítulo 3: 'Qual fummo in aere'

17/10/2018 - 22:00 h

O sabor das margaridas

Horas de emisión:

Me
  • 22:10 / 22:30

'O sabor das margaridas' só está dispoñible en Galicia por termos os dereitos restrinxidos.

Thriller policial de seis episodios con localizacións exteriores en Abegondo, A Estrada, Vedra, Santiago e Teo. Dirixida por Miguel Conde ('Serramoura', 'Seis irmás' e 'Baixo sospeita'), esta coprodución da TVG con CTV ten como protagonistas os actores María MeraRicardo de Barreiro e Tony Salgado e conta coa colaboración especial de Nerea Barros, gañadora do Goya á mellor actriz revelación por 'A illa mínima'.

'O sabor das margaridas' ten lugar nunha illada vila do interior de Galicia, onde unha espesa atmosfera gris impregna as súas rúas dun incómodo silencio, outorgando un halo de sospeita a cada un dos seus habitantes. É un intenso thriller cheo de sorpresas, onde o secuestro de Marta Labrada dá pé a unha historia de vinganza en que misterio e suspense conducen o espectador por este pequeno lugar cheo de segredos.

Rosa Vargas, tenente novata da policía xudicial da Garda Civil afanarase en pescudar que lle puido ocorrer á moza e así resolver o seu primeiro caso. Contará coa axuda do cabo Mauro Seoane e do brigada Alberto Figueroa, gardas civís do cuartel de Murias, cos que a relación non sempre será doada. O que parece un caso sinxelo vai complicarse e volverse máis escuro e perigoso cando a investigación da desaparición de Marta vaia sacando á luz outros segredos, misterios, asasinatos, chantaxes, drogas, prostitución… que ata ese intre permaneceran ocultos na vila “onde nunca pasa nada”.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

O sabor das margaridas á carta